miércoles, 21 de mayo de 2014

27 de maio de 2003: Peche do Cine Teatro

O martes 27 de maio de 2003, o Cine Teatro pechou as súas portas, coa proxección da película Este cuerpo no es el mío, protagonizada por Rob Schneider.

Ata ese momento, este cine era o máis antigo da provincia de Lugo que aínda permanecía aberto.

Foto: Cines de Galicia

Ademais, ao longo dos seus anos de historia, o Teatro conviviu con todos os outros cines ribandenses: a finais da década dos 30 co Galaxia, nos 50 co Colón e a principios de 2003, cos Multicines Cinelandia.



Este cuerpo no es el mío (2002) Tom Brady

Unha moza adolescente, moi popular e atractiva pero mala, esperta un día dentro do corpo dun home. Mentres intenta descubrir que pasou e como volver ao seu estado anterior, dase conta do cruel e malvada que foi cos demais ata ese momento.


viernes, 16 de mayo de 2014

Lola Flores nos cines ribadenses

Tal día como hoxe pero de 1995, faleceu a cantante, bailaora e actriz Lola Flores, tamén coñecida como La Faraona. Moitas das súas películas puideron verse no Colón, especialmente na década dos 50 e 60:



La danza de los deseos (1954) Florián Rey

11/02/1956 (Las Riberas del Eo)

Pena, penita, pena (1953) Miguel Morayta

06/10/1956 (Las Riberas del Eo)

Lola Torbellino (1956) René Cardona

12/01/1957 (Las Riberas del Eo)

Maricruz (1958) Miguel Zacarías

12/04/1958 (Las Riberas del Eo)

La Faraona (1955) René Cardona

24/05/1958 (Las Riberas del Eo)

De color moreno (1963) Gilberto Martínez Solares

04/09/1965 (Las Riberas del Eo)

Lola Flores interpretando Pena, penita, pena:


miércoles, 14 de mayo de 2014

Cronoloxía dos cines de Ribadeo

Aquí podedes ver unha breve cronoloxía da historia dos cines da nosa vila:

Pincha na imaxe para vela en grande

sábado, 10 de mayo de 2014

O Colón no libro das festas de 1953

No libro das festas patronais de Ribadeo do ano 1953 aparece o seguinte anuncio do cine Colón:

(Foto: Facebook Vivín)

Portada
(Foto: Facebook Vivín)

Programa das festas
(Pinchar na imaxe para vela en grande)
(Foto: Facebook Vivín)

Páxina onde aparece o anuncio do Colón
(Foto: Facebook Vivín)

Se queredes ver máis páxinas do libro das festas de 1953, podedes facelo na conta de Facebook da librería Vivín.

lunes, 5 de mayo de 2014

1949: Foto do Colón

Esta foto do Colón, publicada no libro Ribadeo. Recuerdos de infancia de Amadeo Arango, foi feita a principios de outubro de 1949:

Pinchar na imaxe para vela en grande

Nela pódense ver anunciadas enriba da porta as películas El capitán Malacara (proxectada o 1 de outubro) e Jalisco canta en Sevilla (proxectada os días 2 e 3 de outubro) e ao lado da porta, o filme La rival.

El capitán Malacara (1945) Carlos Orellana

24/09/1949 (Las Riberas del Eo)

Jalisco canta en Sevilla (1948) Fernando de Fuentes

01/10/1949 (Las Riberas del Eo)




La rival (1948) Mervyn LeRoy



domingo, 4 de mayo de 2014

Marzo de 1968

Esta é a carteleira de marzo de 1968:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

El último homicidio (1965) Ralph Nelson

02/03/1968 (Las Riberas del Eo)

36 horas (1965) George Seaton

Los jóvenes caníbales (1960) Michael Anderson

17/03/1968 (La Comarca del Eo)

   - Cine Teatro

La historia más grande jamás contada (1965) George Stevens, David Lean e Jean Negulesco

20.000 leguas de viaje submarino (1954) Richard Fleischer

Cantinflas en el teatro, tamén coñecida como Cara o cruz e Águila o sol (1938) Arcady Boytler

17/03/1968 (La Comarca del Eo)

sábado, 3 de mayo de 2014

Febreiro de 1968

Esta é a carteleira de febreiro de 1968:
Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS:

   - Cine Colón

¿Teléfono ruso? Volamos hacia Moscú (1964) Stanley Kubrick

03/02/1968 (Las Riberas del Eo)

La gran escapada (1966) James B. Clark

10/02/1968 (Las Riberas del Eo)

El zorro contra Maciste (1963) Umberto Lenzi

24/02/1968 (Las Riberas del Eo)

jueves, 1 de mayo de 2014

Xaneiro de 1968

Esta é a carteleira de xaneiro de 1968:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Búsqueme a esa chica (1964) Fernando Palacios e George Sherman

30/12/1967 (Las Riberas del Eo)

Combate de gigantes (1964) Giorgio Capitani

Los tres invencibles (1963) Michele Lupo

06/01/1968 (Las Riberas del Eo)

Sonrisas y lágrimas (1965) Robert Wise

13/01/1968 (Las Riberas del Eo)

La muerte tenía un precio (1965) Sergio Leone

27/01/1968 (Las Riberas del Eo)