miércoles, 30 de noviembre de 2016

Artigos de cine: "La imagen: Una serie lista para arrasar"

En La Comarca del Eo desta semana pódese ver a seguinte imaxe, que fai referencia á estrea da serie coreana The legend of the blue sea, con escenas rodadas nas Catedrais.

26/11/2016 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande

domingo, 27 de noviembre de 2016

Ribadeo e a creación dunha film commission

O pasado 18 de novembro, publicouse en La Voz de Galicia un artigo no que se menciona a posibilidade de retomar a idea de crear unha film commission en Ribadeo. 

18/11/2016 (La Voz de Galicia)

Cada vez son máis frecuentes as rodaxes para cine e televisión que se levan a cabo na nosa vila, polo que a creación dunha film commission, ente destinado a facilitar aos produtores toda a información e permisos necesarios para levar a cabo as gravacións, sería moi beneficiosa tanto para as produtoras audiovisuais como para o propio concello de Ribadeo.

Momento da rodaxe de "The legend of the blue sea" nas Catedrais
(Foto: El Progreso)

Ademais, a concelleira de turismo, Ana Martínez, asegurou que esta especie de film commission encaixaría ben co programa Ribadeo Eventos, que facilita a organización de todo tipo de actividades no concello.

Aínda que ata hai uns anos existía unha Galicia Film Commission, na actualidade só algunhas cidades como Santiago e Vigo contan con film commissions. 
Na provincia de Lugo, existe unha film commission, creada pola Fundación TIC e o Consorcio Audiovisual Galego e xa en 2005 se falaba de posibilidade de abrir unha segunda oficina de promoción de rodaxes en Ribadeo, como se pode ler no seguinte artigo:


10/09/2005 (La Voz de Galicia)
Pinchar na imaxe para vela en grande

sábado, 26 de noviembre de 2016

Ribadeo en "Ribeiras de Salitre"

O pasado domingo emitiuse na Televisión de Galicia o programa "Ribeiras de Salitre", que percorre aos portos galegos e que nesta ocasión estivo dedicado a Ribadeo.



Rivadulla Corcón, presentador e director do programa, estivo en Rinlo entrevistando a Celia Pacio, que falou do traballo das percebeiras, e a José Ramón Fra, mariñeiro retirado que recordou o seu paso polo mar. En Rinlo tamén visitou a Consuelo Joglar, que cociñou polbo con ameixas.
Moncho Rodríguez, pescadeiro da Praza de Abastos, Manuel Vázquez, coñecido como o Farero, e Ramón Acuña, presidente do Club Naútico de Ribadeo, foron outros dos protagonistas deste espazo.



Na lonxa, a Coral Polifónica de Ribadeo interpretou algunhas fermosas cancións mariñeiras e unha delas, acompañada de fotos antigas da nosa vila, serviu de peche ao programa.





Se queres ver o programa completo, fai clic aquí.

martes, 22 de noviembre de 2016

Artigos de cine: "Oriente ha visto As Catedrais"

A semana pasada publicouse en El Progreso o seguinte artigo, no que se informa da aparición da praia das Catedrais na serie coreana The legend of the blue sea:

19/11/2016 (El Progreso. A Mariña)
Pinchar na imaxe para vela en grande

lunes, 21 de noviembre de 2016

Ribadeo no capítulo 2 de The legend of the blue sea

O pasado xoves 17 de novembro emitiuse nalgúns países asiáticos o segundo capítulo da serie coreana The legend of the blue sea, no que se inclúen algunhas das secuencias rodadas na praia das Catedrais.



Fotogramas do capítulo 2 da serie

Este episodio, ao igual que todos os demais, comenza cunha intro co título da serie a modo de cabeceira e que mostra unha imaxe das Catedrais.

Intro co título da serie nas Catedrais

Nesta segunda entrega, unha muller que fora estafada por Joon Jae contrata a uns mafiosos para que atrapen ao mozo. Ao enterarse de que andan na súa búsqueda, a serea e o estafador, protagonistas da historia, tratan de fuxir, dirixíndose cara á "fin do mundo".

Persecución entre o millo, rodada en Ribadeo
Persecución nas Catedrais

A acción transcorre nalgunhas vilas catalás, na cidade da Coruña (concretamente na zona da Torre de Hércules) e na praia das Catedrais, onde se gravou unha das secuencias nas que os mafiosos perseguen a Joon Jae e a serea.








Neste vídeo pódese ver un pouco da secuencia rodada en Ribadeo.

domingo, 20 de noviembre de 2016

Ribadeo no capítulo 1 de The legend of the blue sea

O pasado mes de setembro rodouse na praia das Catedrais a serie coreana The legend of the blue sea, protagonizada por Lee Min Ho e Ju Ji Hyun e o mércores 16 de novembro estreouse o primeiro capítulo.



A historia comeza no século XVI, cando unha serea aparece nunha praia e permanece atrapada por un timador que pretende vendela, ata que o fillo dun nobre a libera no mar.
Xa en 2016, un temporal leva á serea á costa catalá e, tras descubrir que ao saír da auga ten pernas, chega á habitación de hotel de Heo Joon Jae, un estafador profesional que ten unha extraña capacidade para hipnotizar á xente.
A serea é acusada de ladroa e levada aos calabozos dos mossos d'esquadra, ata que Joon Jae vai buscala para roubarlle un valioso brazalete que sempre leva posto e rematan pasando o día xuntos.

Neste primeiro episodio, que transcorre principalmente en Cataluña e na cidade da Coruña, a praia das Catedrais tan só está presente na intro co título que serve de cabeceira da serie e que se repite ao longo de todos os capítulos:

Imaxe da intro co título da serie na praia das Catedrais

jueves, 17 de noviembre de 2016

Artigos de cine: "Una productora portuguesa rodará un thriller policíaco en Ribadeo"

Onte La Voz de Galicia publicou o seguinte artigo sobre a rodaxe en Ribadeo dalgunhas secuencias da película "Bad investigate":

16/11/2016 (La Voz de Galicia)
Pinchar na imaxe para vela en grande

miércoles, 16 de noviembre de 2016

Rodaxe dun filme portugués en Ribadeo

Do 14 ao 19 de xaneiro do próximo ano, unha produtora portuguesa desprazarase ata Ribadeo para rodar algunhas das secuencias da película "Bad investigate".

16/11/2016 (La Voz de Galicia)

"Bad investigate" é un thriller policíaco que trata sobre un narcotraficante que percorre toda a costa portuguesa nun veleiro, mentres que por terra o acompaña un camión coa droga. Véndose obrigado a escapar, o narco busca refuxio en Ribadeo.

Esta semana, membros da Lugo Film Commission e da produtora Lightbox visitaron a nosa vila para realizar traballos de preprodución e visitar algunhas das localizacións da gravación, como a Igrexa de Santa María, a praia das Catedrais e o Club Náutico.

15/11/2016 (www.fundaciontic.org)


lunes, 14 de noviembre de 2016

Os cines de Ribadeo nas imaxes dos voos do Instituto Xeográfico Nacional 1973 - 1986

A Fototeca do Centro Nacional de Información Xeográfica custodia os orixinais das fotos aéreas realizadas en distintos voos do Instituto Xeográfico Nacional desde os anos 30 ata a actualidade.
A entrada anterior deste blog recollía as imaxes aéreas dos anos 1989 - 1991 nas que se podían ver os cines de Ribadeo.

Nas seguintes capturas, realizadas entre os anos 1973 - 1986, os cines ribadenses atopábanse así:

CINE TEATRO
Neste periodo de tempo, o Teatro era o único cine que había en Ribadeo.



CINE COLÓN
O Colón pechou as súas portas en 1973, polo que é moi probable que cando se fixeron estas fotos xa non estivese en funcionamento.



CINE GALAXIA



CINELANDIA
Nos anos 70 e 80, Cinelandia non existía aínda.



domingo, 13 de noviembre de 2016

Os cines de Ribadeo nas imaxes dos voos do Instituto Xeográfico Nacional 1989 - 1991

A Fototeca do Centro Nacional de Información Xeográfica custodia os orixinais das fotos aéreas realizadas en distintos voos do Instituto Xeográfico Nacional desde os anos 30 ata a actualidade. Aínda que a calidade das imaxes dos primeiros anos non permite distinguir con claridade as rúas ribadenses, nas fotografías dos anos 1989-1991 xa se poden apreciar con bastante detalle.

Nas imaxes pode verse como se atopaban os cines da nosa vila naquela época:

CINE TEATRO
Hai que recordar que este era o único cine que funcionaba como tal a principios dos 90.



CINE COLÓN



CINE GALAXIA



CINELANDIA
A principios dos 90, o actual cine de Ribadeo aínda non existía.


sábado, 12 de noviembre de 2016

Ribadeo e o cine: VIDA e MÁIS CA VIDA

Este pasado venres 11 de novembro proxectáronse no Cine Teatro a curtametraxe "Vida" e o documental "Máis ca vida", dirixidos por Rubén Riós.




No acto estiveron presentes Rubén Riós (director das obras), Estíbaliz Veiga (guionista), Óscar Rodríguez e Mónica Ferreiro (os protagonistas).

Momento da presentación no Cine Teatro
(Foto: Instagram @estibalizveiga)


"Vida" é unha curtametraxe protagonizada por persoas con discapacidade intelectual e mestura a arte, o entretemento e a comunicación cunha clara mensaxe social a prol da fortaleza e a superación deste colectivo.

"Máis ca vida" é un documental xurdido a raíz da rodaxe da curta e inclúe testemuños reais do día a día das persoas con capacidades distintas. Ademais, as imaxes dos ensaios plasman os medos e alegrías aos que tiveron que enfrontarse estes mozos e mozas durante o desenvolvemento do proxecto.

09/11/2016 (Crónica3.com A Mariña)
09/11/2016 (La Voz de Galicia)


O reparto de "Vida" está formado por persoas con discapacidade, xunto con coñecidos intérpretes como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga e Luis Iglesia, entre outros.

04/11/2016 (Concello de Ribadeo)
09/11/2016 (Concello de Ribadeo)
Axenda cultural: outubro, novembro e decembro 2016


Para máis información sobre este proxecto, podes visitar a súa páxina web: www.maiscavida.com.

jueves, 10 de noviembre de 2016

Marzo de 1962

Esta é a carteleira do mes de marzo de 1962:

Pinchar na imaxe para vela en grande


PELÍCULAS

   - Cine Colón:

El rossetto (1960) Damiano Damiani

24/02/1962 (Las Riberas del Eo)
25/02/1962 (La Comarca del Eo)

Alta sociedad (1956) Charles Walters

Muerte al amanecer (1960) Josep Maria Forn 

Los cuatrocientos golpes (1959) Fraçois Truffaut

10/03/1962 (Las Riberas del Eo)
11/03/1962 (La Comarca del Eo)

Júrame (1961) Jose María Ochoa

Empezó con un beso (1959) George Marshall

Cowboy (1958) Delmer Daves

El Mariscal (Sen datos)

17/03/1962 (Las Riberas del Eo)
18/03/1962 (La Comarca del Eo)

La cumparsita (1947) Antonio Momplet

Juanita (1953) Ernst Marischka 

Simbad y la Princesa (1958) Nathan Juran

24/03/1962 (Las Riberas del Eo)
25/03/1962 (Las Riberas del Eo)
31/03/1962 (Las Riberas del Eo)


   - Cine Teatro:

Vacaciones en Mallorca (1959) Giorgio Bianchi

Mientras el cuerpo aguante (1958) Gilberto Martínez Solares 

Quien era esa chica (1960) George Sidney

10/03/1962 (Las Riberas del Eo)


Aquí pódese consultar a carteleira de febreiro e a de abril de 1962.