viernes, 31 de octubre de 2014

Cinensino 2014 - 2015

Un ano máis, os centros escolares de Ribadeo participarán no Cinensino, co que se pretende ensinar valores a través do cine.
Nesta edición, os alumnos do 1º ciclo da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e do Sagrado Corazón, verán as películas El camino de vuelta, Diamantes negros e The Kings of Summer.
A primeira proxección será o 12 de decembro no cine Teatro.


El camino de vuelta (2013) Nat Faxon e Jim Rash

Duncan é un mozo de 14 anos que, durante un verán, tratará de reunir a forza que precisa para atoparse a si mesmo e de paso, recuperar a relación coa súa nai e enfrontarse ao seu padrastro, que bebe, consume drogas e sae con moitas mulleres.



Diamantes negros (2013) Miguel Alcantud

Tras ser captados en Mali por un olleador de fútbol, Amadou e Moussa abandonan o seu país, escapando da pobreza, e chegan a Madrid perseguindo o seu soño de triunfar como futbolistas. A xira que fan por España, Portugal e o norte de Europa, mostraralles as sombras do deporte rei.



The Kings of Summer (2013) Jordan Vogt - Roberts

Tres adolescentes: Joe, Patrick e o excéntrico Biaggio están fartos da sobreprotección dos seus pais e deciden independizarse e comezar unha vida salvaxe, sen adultos e á marxe da sociedade, segundo as súas propias normas e os seus principios.



miércoles, 29 de octubre de 2014

Artigos de cine: "La fábrica de sueños"

No seguinte artigo, publicado en El Progreso, e a raíz do peche dos cines de Viveiro, Pablo Villapol reflexiona sobre o cine e as salas de exhibición da Mariña:

29/10/2014 (El Progreso)


lunes, 27 de octubre de 2014

Cinelandia, o único cine desde Ferrol ata Avilés

O pasado xoves 23 de outubro os Multicines A Mariña de Viveiro pecharon as súas portas por problemas de financiamento.

25/10/2014 (La Voz de Galicia)

Deste xeito, os Multicines Cinelandia de Ribadeo convértense nos únicos cines que hai desde Ferrol ata Avilés pola costa e cara ao interior, os máis cercanos son os de Lugo.



26/10/2014 (La Voz de Galicia)


27/10/2014 (El Progreso)

Aínda que desde hai uns anos, os de Viveiro eran, xunto cos de Ribadeo, os únicos cines que quedaban na zona, hai que recordar que ata hai un tempo, tamén había cine noutras localidades cercanas como Foz (Cine Pequenete), Burela (Cine Mon), etc.

29/05/2002 (La Voz de Galicia)
28/08/2006 (La Voz de Galicia)
26/10/2014 (La Voz de Galicia)

E se nos remontamos máis atrás, nos anos 30 e 40 había cines noutras vilas próximas como San Miguel de Reinante, A Pontenova, A Veiga ou Tapia, entre outras moitas. 

Se queres recordar os cines da zona nos anos 30, fai clic aquí e para lembrar os dos anos 40, pincha aquí.

1946

domingo, 26 de octubre de 2014

Mellor película Oscar 2014 en Cinelandia

Algunhas das nominadas a mellor película nos Oscar de 2014 proxectáronse en Cinelandia:

12 años de esclavitud (2013) Steve McQueen 

[Gañadora ao Oscar a mellor película]

11/03/2014 (La Voz de Galicia)

El lobo de Wall Street (2013) Martin Scorsese

La gran estafa americana (2013) David O. Russell

03/02/2014 (La Voz de Galicia)

Gravity (2013) Alfonso Cuarón

17/10/2013 (La Voz de Galicia)

Capitán Phillips (2013) Paul Greengrass

28/10/2013 (La Voz de Galicia)


Das 9 películas nominadas, hai 4 que non se puideron ver en Ribadeo

Her (2013) Spike Jonze


Her, protagonizada por Joaquin Phoenix, estivo cerca de Ribadeo, xa que se proxectou nos Multicines A Mariña de Viveiro:

22/04/2014 (La Voz de Galicia)

Nebraska (2013) Alexander Payne



Philomena (2013) Stephen Frears



Dallas Buyers Club (2013) Jean-Marc Vallée



viernes, 17 de octubre de 2014

A taquilla do Colón no concurso de fotografía: "Espazos compartidos. Cines e vidas"

No marco da III edición do Compostela Cine Classics, estase a celebrar o concurso de fotografía: "Espazos compartidos. Cines e vidas". O tema das fotos é o cine no sentido máis amplo da palabra: os cines da nosa infancia, as películas que nos marcaron, experiencias vividas en torno ao cine... en definitiva, o que significa para nós o cine.



Esta foto da taquilla do cine Colón de Ribadeo, forma parte do concurso e se queredes podedes votala aquí:



As 15 fotos máis votadas formarán parte da exposición "Espazos compartidos. Cines e vidas", que se poderá visitar do 15 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2015 no CSCXM O Ensanche, en Santiago de Compostela.
Ademais, o fotografía máis votada levará como premio un lote de películas e libros sobre cine.

jueves, 9 de octubre de 2014

Cinelandia e a Festa do cine (Outubro 2014)

Os días 27, 28 e 29 de outubro celebrarase de novo a Festa do cine, con entradas a 2'90€.



Nesta ocasión, os cines Cinelandia de Ribadeo participarán nela, polo que poderemos desfrutar das películas a un precio máis asequible.