viernes, 30 de septiembre de 2016

Probas de cámara de Lois Patiño en Ribadeo

A principios deste mes de setembro, o cineasta Lois Patiño estivo realizando probas de cámara en puntos da costa ribadense como a praia das Illas, a Illa Pancha e Rinlo, para o seu próximo traballo: Tempo vertical, que se rodará en 2017. 
Entre a figuración que participou nas probas atópanse varias veciñas de Ribadeo.

11/09/2016 (La Voz de Galicia. A Mariña)

Segundo o propio Patiño, Tempo vertical "é unha traballo que explora o tempo de xeito moi atractivo. Trátase de ver como se experimenta e se sente o tempo na imaxe audiovisual". Ademais, na obra "aparecerán figuras estáticas e terá unha mínima estrutura de ficción que permite traballar a distintos niveis: o contemplativo, o conceptual e o narrativo".

Lois Patiño, cineasta e videoartista nacido en Vigo en 1983, forma parte do chamado Novo Cinema Galego, xunto con directores como Óliver Laxe, Marcos Nine, Eloy Enciso, Alberto García e Xacio Baño, entre outros.
Entre os traballos de Patiño, destaca o largo documental experimental Costa da Morte, premiado en numerosos festivais como o de Locarno (Suíza) en 2013.


Lois Patiño

jueves, 29 de septiembre de 2016

Documental da BBC nas Catedrais

Miles Burton, biólogo e produtor da BBC Natural History Unit, visitou as Catedrais recentemente para preparar a gravación dun documental que terá esta praia como protagonista.


20/09/2016 (El Progreso. A Mariña)
20/09/2016 (La Voz de Galicia)


A serie documental Blue Planet amosará os fondos oceánicos, as superficies de coral e oceánicas e a dinámica costeira. As Catedrais foi a praia escollida para mostrar os efectos da erosión do mar e as mareas.

Miles Burton, biólogo e produtor da BBC

O vindeiro mes de outubro, un equipo da BBC desprazarase ata Ribadeo para gravar, aínda que haberá que esperar ata o ano que ven para a emisión do documental.

24/09/2016 (La Comarca del Eo)
Pinchar na imaxe para vela en grande

miércoles, 28 de septiembre de 2016

"As memorias do mar de Ribadeo"

As memorias do mar de Ribadeo, presentado en 2014, forma parte da serie Memorias do mar de Lugo, que consta de seis documentais dedicados a cada unha das confrarías da provincia: Burela, Celeiro, Foz, Ribadeo, San Cibrao e o Vicedo.

Mar de Lugo era o nome dunha campaña creada pola Federación Provincial de Cofradías de Pescadores de Lugo co fin de divulgar e dar a coñecer o traballo dos pescadores e mariscadores da nosa provincia, as súas tradicións, os métodos de traballo, as artes de pesca máis empregadas, os peixes máis característicos da zona, etc,

Aquí podedes ver o documental dedicado a Ribadeo:



domingo, 4 de septiembre de 2016

Un pregón de cine: Óskar Aramburu

O ribadense Óskar Aramburu foi o encargado de dar o pregón das festas patronais deste ano 2016.



O acto tivo lugar o pasado venres 2 de setembro no Cine Teatro e tamén contou coa actuación da Coral Polifónica de Ribadeo.

03/09/2016 (A Mariña. El Progreso)

Óskar Aramburu, gañador de dous premios Mestre Mateo, comezou no audiovisual colaborando nalgunhas curtametraxes e posteriormente traballou en programas de televisión como Lluvia de estrellas, en películas como Exodus, dirixida por Ridley Scott en en series como Juego de Tronos e Hospital Real, entre outras moitas.


02/09/2016 (La Voz de Galicia)