domingo, 26 de noviembre de 2023

O cine Colón no cartel da IX edición do Festival de Jazz & Blues

O cine Colón é o protagonista do cartel da IX edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que terá lugar do 2 ao 9 de decembro.


viernes, 24 de noviembre de 2023

Ribadeo e o cine: O CORNO

Desde o venres 27 ata o martes 31 de outubro estivo na carteleira de Cines Ribadeo a película O corno, dirixida por Jaione Camborda e protagonizada por Janet Novás.


O filme, rodado maioritariamente en galego, obtivo a
Cuncha de Ouro á mellor película na 71º edición do Festival Internacional de Cine de San Sebastián.


O corno
presenta a historia de María, unha mariscadora da Illa de Arousa que é coñecida por axudar a outras mulleres nos partos con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inesperado, vese obrigada a fuxir e viaxar para sobrevivir. Na búsqueda da liberdade, María cruza a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal.


Ademais, neste blog queremos destacar a participación na película de
Clara Maseda, secretaria de produción en O corno. Esta ribadense estudiou o dobre grao de Comunicación Audiovisual e Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e forma parte do departamento de produción de Miramemira.

Clara Maseda tamén traballou noutros filmes como Sica (Carla Subirana, 2023) e na actualidade está dirixindo unha curta documental.