martes, 27 de junio de 2017

Proxecto-R. 1 GIANT LEAP

O pasado 21 de xuño proxectouse na Galería 56 o documental 1 Giant Leap, dirixido por Duncan Bridgeman e Jamie Catto.
O filme forma parte do Proxecto-R, ciclo de cine organizado polo colectivo Doce do patíbulo e que este mes está dedicado ao xénero documental.



1 Giant Leap (2002) Duncan Bridgeman e Jamie Catto

Este documental é unha síntese de sons, palabras e imaxes recollidas por todo o mundo. Os directores viaxaron por países como Senegal, Uganda, India e Tailandia, usando só ordenadores portátiles e unha cámara de vídeo dixital, coa misión de reunir ideas sobre temas universais da vida das persoas máis inspiradoras que atoparon.

lunes, 26 de junio de 2017

Proxecto-R. HUMAN

O 7 de xuño proxectouse na Galería 56 o documental Human, dirixido por Yann Arhus-Bertrand.
Este filme forma parte do Proxecto-R, ciclo de cine organizado polo colectivo Doce do patíbulo e que este mes está dedicada ao xénero documental.
A proxección, que non puido ter lugar no Cine Teatro como de costume, foi en versión orixinal subtitulada e a entrada foi de balde.

Cartel deseñado por Mónica Márquez 

Human (2015) Yann Arthus-Bertrand

Esta obra composta de imaxes e testemuños, retrata a humanidade de hoxe en día. É unha introspección sobre o ser humano como individuo e como ser que pertence a unha comunidade. A través das guerras, das desigualdades e das discriminacións, Human confróntanos coa realidade e a diversidade da condición humana. Máis alá do lado escuro, os testemuños mostran tamén a empatía e a solidariedade das que somos capaces.
O documental foi rodado en 60 países, durante máis de 2 anos e 2000 persoas foron entrevistadas para a súa realización.


martes, 13 de junio de 2017

Roupa de película para o Ribadeo Indiano

O mes pasado, o grupo las Taradas (formado por Nuria Yribarren, Mayte Rodríguez e Lourdes Santos) abriu unha tenda de aluguer de roupa e complementos para o Ribadeo Indiano.



O local, que se atopa nas galerías da peatonal, estará aberto ata o 15 de xullo, para devolver a roupa alugada unha vez pasada a celebración.

31.05.2017 (La Voz de Galicia)

08.06.2017 (La Voz de Galicia)


Entre as prendas que se poden atopar, destaca parte do vestiario empregado en La princesa Paca. Esta tv movie, emitida recentemente en TVE, está protagonizada por Irene Escolar e Daniel Holguín e narra a historia de amor entre o poeta Rubén Darío e Paca Sánchez.
Na tenda tamén se poden alugar prendas utilizadas na película La promesa.



domingo, 11 de junio de 2017

O cine Colón na web do arquivo municipal de Ribadeo

O pasado venres presentouse a web do arquivo histórico municipal de Ribadeo, no que se recolle parte do patrimonio documental do concello.
Ademais de actas e outros documentos, na web pódense ver algúns planos que forman parte de licenzas de obras municipais, entre os que se atopa o do cine Colón:



Este plano da fachada do Colón, asinado polo arquitecto Alfredo Vila en 1947, forma parte do expediente da licenza de obra maior concedida a Manuel de la Barrera para a construción dun edificio destinado a cine na praza de Calvo Sotelo nº4 (actualmente coñecida como a Praza de Abaixo).


viernes, 2 de junio de 2017

Os cines de Ribadeo no plano de Acisa

O pasado mes de abril, o colectivo Acisa (Asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos) presentou un plano de Ribadeo no que aparecen indicados todos os seus asociados e os servizos que ofrecen.

Nel tamén están indicados os cines da vila:

Plano de Acisa
 

Cines Ribadeo, os únicos que funcionan como tal:



O antigo Cine Teatro, que figura como auditorio: