jueves, 27 de junio de 2013

Música de cine: Festival de fin de curso 2012 - 2013 da EMMD

O pasado 22 de xuño, celebrouse no auditorio municipal Hernán Naval o festival de fin de curso 2012 – 2013 da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.


A temática escollida nesta ocasión foi o cine, polo que as diferentes agrupacións que pasaron polo escenario interpretaron as bandas sonoras de filmes tan coñecidos como El Rey León, La Sirenita, Chicago e Indiana Jones, entre outros.

21/06/2013 (Crónica3.com A Mariña)

Se queredes recordar máis "música de cine en Ribadeo", pinchade aquí: Música de cine

miércoles, 26 de junio de 2013

Vídeo do cine Teatro

Xa podedes ver na canle de YouTube un pequeno vídeo sobre o cine Teatro:


Espero que vos guste!

viernes, 21 de junio de 2013

Cinemascope nos cines de Ribadeo

En decembro de 1955, no Colón tivo lugar a primeira proxección en Cinemascope
A película exhibida foi Como casarse con un millonario, dirixida por Jean Negulesco e protagonizada por Marilyn Monroe e Lauren Bacall:

24/12/1955 (Las Riberas del Eo
Un mes despois, tamén se proxectou no Colón La túnica sagrada:


14/01/1956 (Las Riberas del Eo)

La túnica sagrada (1953, Henry Koster), da 20th Century Fox, foi a primeira película da historia que se estreou en Cinemascope, aínda que a primeira que se producira con este novo sistema fora Como casarse con un millonario (1953, Jean Negulesco), que se estreou máis tarde.



Ao longo dos anos 50 e 60, foron moitas as películas en Cinemascope que pasaron polas pantallas do Colón e do Teatro:




Actualmente, no anuncio do Colón aínda se pode distinguir lixeiramente a palabra Cinemascope:


O Cinemascope é un sistema que utiliza lentes anamórficas ou Hypergonar, inventadas polo francés Henri Chréstien.
Co Cinemascope, a imaxe comprímese durante a gravación e descomprímese na proxección.
En canto ao audio, conta con catro pistas de son, polo que a relación de aspecto redúcese lixeiramente, pasando de 2.66:1 a 2.55:1.
O principal problema deste sistema era que se producía unha distorsión no centro da pantalla, que facía que a imaxe quedase aplastada. Por este motivo, as películas en Cinemascope non tiñan demasiados primeiros planos e se os había, situábanse nos laterais do encadre. 


Nos anos 50, foron moitos os cines que se adaptaron ao Cinemascope, xa que só era necesario adquirir unha nova pantalla e unha lente para descomprimir a imaxe.


miércoles, 19 de junio de 2013

Marzo de 1954

A carteleira de marzo de 1954 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Trágica obsesión (1951) Ralph Thomas

Manchas de sangre en la luna (1951) Edward Dein e Luis Marquina

20/03/1954 (Las Riberas del Eo)

   - Cine Teatro

La princesa de Samarkand (1951) George Sherman

Lo que se ocultó al mundo (Sen datos)

20/03/1954 (Las Riberas del Eo)

lunes, 17 de junio de 2013

Álbumes de cromos da editorial Fher

Nos anos 60 era frecuente atopar na prensa local ribadense anuncios de álbumes e sobres de cromos da Editorial Fher:

22/06/1963 (Las Riberas del Eo)
13/07/1963 (Las Riberas del Eo)
12/10/1963 (Las Riberas del Eo)
19/10/1963 (Las Riberas del Eo)

A Editorial Fher foi fundada en 1937 en Bilbao polos irmáns Germán e José Fuentes Lizaur.

Desde os seus inicios, a editorial especializouse na publicación de álbumes de cromos de series de televisión, fundamentalmente de debuxos animados e de películas, a mayoría destinados ao público infantil e xuvenil.

Moitos dos álbumes estaban dedicados a películas de MarisolRocío Dúrcal e Joselito:




Tamén había álbumes de películas de Hollywood dirixidas ao público xuvenil:



Interior dun álbum con todos os cromos pegados

Contraportada dun álbum

Sobre de cromos

domingo, 16 de junio de 2013

1955: Directores

En 1955, polas pantallas do Colón e do Teatro pasaron películas de grandes directores como por exemplo Fred Zinnemann e Joseph Mankiewicz:

FRED ZINNEMANN (1907 – 1997)

Fred Zinnemann comezou a súa carreira cinematográfica como director de curtametraxes.
En 1944, dirixiu a longametraxe La séptima cruz (1944), protagonizada por Spencer Tracy, e que se converteu no seu primeiro éxito.
O nazismo, a II Guerra Mundial e os temas bélicos en xeral, aparecen con frecuencia nas súas películas, como por exemplo en Los ángeles perdidos (1948) e  Hombres (1950).
Entre a súa filmografía tamén se atopan títulos como Solo ante el peligro (1952), De aquí a la eternidad (1953), Oklahoma (1955), Historia de una monja (1959) e Un hombre para la eternidad (1966).
Nos anos 60 e 70, centrouse nos traballos de produción e tamén dirixiu algunha película, aínda que con menos éxito que nas etapas anteriores.
Zinnemann gañou dous Oscar á mellor dirección por Un hombre para la eternidad e De aquí a la eternidad.

Zinnemann con Paul Scofield, protagonista de Un hombre para la eternidad
  
JOSEPH L. MANKIEWICZ (1909 – 1993)

Mankiewicz comezou no mundo do cine realizando pequenos traballos na Paramount. Posteriormente trasladouse á Metro Goldwyn Mayer, onde foi guionista de varios filmes e productor doutros como Furia (1936), de Fritz Lang ou Historias de Filadelfia (1940), de George Cukor.
Pero o obxectivo de Mankiewicz era poder dirixir as súas propias películas, polo que deixou a MGM e foise á 20th Century Fox. Foi neste estudo onde realizou Carta a tres esposas (1949) e Eva al desnudo (1950), coas que gañou dous premios Oscar ao mellor director.
Entre a filmografía de Mankiewicz hai que destacar Cleopatra (1963), película protagonizada por Elisabeth Taylor e recordada pola súa accidentada rodaxe e o seu desorbitado custo final, o que estivo a piques de afundir á 20th Century Fox.

Joseph L. Mankiewicz


En 1955, os ribadenses tamén puideron ver numerosas películas de directores españois (Antonio Román, Miguel M. Delgado, Roberto de Ribón, Luis Lucía, etc.), xa que seguindo a Orden Ministerial do 11 de agosto de 1953, os cines estaban obrigados a exhibir unha porcentaxe determinada ao ano de películas españolas.


jueves, 13 de junio de 2013

1955: La guerra de los mundos

Con motivo da proxección no cine Colón da película La guerra de los mundos, Las Riberas del Eo publicou o seguinte artigo:

15/10/1955 (Las Riberas del Eo)
01/10/1955 (Las Riberas del Eo)

La guerra de los mundos (1953) Byron Haskin

Nunha pequena vila de Estados Unidos cae algo que, a simple vista, parece un meteorito. Os veciños acoden ao lugar dos feitos e descobren unha nave marciana que, xunto con outras moitas, chegou á Terra para conquistala. 
A humanidade terá que atopar a forma de deter a invasión do planeta para poder sobrevivir...

Aquí podedes ver o tráiler orixinal da película:


martes, 11 de junio de 2013

Decembro de 1955

A carteleira de decembro de 1955 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

El desfiladero del cobre (1950) John Farrow


Aquí tamén se anuncian algunhas das películas que pasarán proximamente pola pantalla do Colón:

Veracruz (1954) Robert Aldrich
Navidades blancas (1954) Michael Curtiz
La túnica sagrada (1953) Henry Koster

10/12/1955 (Las Riberas del Eo)



Como casarse con un millonario (1953) Jean Negulesco

24/12/1955 (Las Riberas del Eo)

   - Cine Teatro

El padre Pitillo (1946) Roberto de Ribón

No anuncio tamén se menciona a película Fuego sobre África (1954, Richard Sale), que se poderá ver pronto no Teatro:

10/12/1955 (Las Riberas del Eo)

Congreso en Sevilla (1955) Antonio Román

Outro filme que se proxectará proximamente no Teatro é Rapsodia (1954, Charles Vidor), como se indica no seguinte anuncio:


24/12/1955 (Las Riberas del Eo)
Doña Francisquita (1952) Ladislao Vadja

14/01/1956 (Las Riberas del Eo)

lunes, 10 de junio de 2013

Novembro de 1955

Esta é a carteleira dos cines de Ribadeo correspondente ao mes de novembro de 1955:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

   - Cine Colón

Vuelo 971 (1953) Rafael J. Salvia


29/10/1955 (Las Riberas del Eo)

Travesía peligrosa (1953) Joseph M. Newman 


05/11/1955 (Las Riberas del Eo)
Esta película estivo acompañada da proxección da curta de Disney El pelícano sonámbulo (1944):


Ademais, no anuncio anterior mencionan que proximamente chegará ao Colón o filme Apache (1954, Robert Aldrich).

La reina mora (1955) Raúl Alfonso e Eusebio Fernández Ardavín


19/11/1955 (Las Riberas del Eo)

El único testigo (1954) Roy Rowland


Hombres (1950) Fred Zinnemann

26/11/1955 (Las Riberas del Eo)
A proxección de El único testigo estivo acompañada de dous NO-DOS, un en branco e negro e outro en color.


  - Cine Teatro

Julio César (1953) Joseph L. Mankiewicz


29/10/1955 (Las Riberas del Eo)

Pan, amor... y celos (1954) Luigi Comencini

Aquí tamén se anuncia a próxima proxección no Teatro de Brumas de traición (1954, Gottfried Reinhardt).


05/11/1955 (Las Riberas del Eo)

Caballero a la medida (1954) Miguel M. Delgado 


19/11/1955 (Las Riberas del Eo)

La pecadora (1954) Ignacio F. Iquino

26/11/1955 (Las Riberas del Eo)

Nos dous anuncios anteriores, menciónanse dúas películas que chegarán moi pronto á pantalla do Teatro: Siete novias para siete hermanos (1954, Stanley Donen) e Rapsodia (1954, Charles Vidor).

viernes, 7 de junio de 2013

Outubro de 1955

A carteleira de outubro de 1955 é a seguinte:
Pinchar na imaxe para vela en grande

PELÍCULAS:

  - Cine Colón

Un hombre acusa (1952) William Dieterle

01/10/1955 (Las Riberas del Eo)
Amor a medianoche (1953) Alexander Hall

15/10/1955 (Las Riberas del Eo)
La hermana Alegría (1954) Luis Lucía

29/10/1955 (Las Riberas del Eo)

  - Cine Teatro

Noche salvaje (1953) Alfred L. Werker

01/10/1955 (Las Riberas del Eo)

Caravana de mujeres (1951) William A. Wellman

15/10/1955 (Las Riberas del Eo)
No anuncio anterior tamén se fai mención á actuación de Antonio Machín e a orquestra Cha Cha Cha, que tivo lugar o mércores 19 no Teatro:

15/10/1955 (Las Riberas del Eo)
El temible Robin Hood (1950) Gordon Douglas

29/10/1955 (Las Riberas del Eo)