viernes, 26 de febrero de 2021

A licenza de construción do Colón

O 7 de maio de 1948, sendo alcalde Pancho Maseda, celebrouse no concello de Ribadeo unha sesión na que se lle concedeu a Manuel de la Barrera a licenza para construír un cine (o Colón) nunha finca da súa propiedade.


Introdución 


Na seguinte imaxe, onde aparecen recollidas varias licenzas para construcións, pódese ler:

Que previo pago de los correspondientes derechos municipales y timbre, se expidan las licencias siguientes:
A don Manuel de la Barrera para construir un cine según las características descriptivas en los planos y memoria que presenta, redactados por el arquitecto don Alfredo Vila López, y en finca de la propiedad del solicitante sita al número 4 de la plaza de José Calvo Sotelo de esta villa, toda vez obtuvo para el caso la autorización de los técnicos de la Junta consultiva de Espectáculos, de conformidad con lo que acerca del particular dispone el artículo 11 del Reglamento de 3 de mayo de 1935.





Sinaturas na páxina final da acta de dita sesión


Así apareceu recollido no xornal Las Riberas del Eo:


29.05.1948 (Las Riberas del Eo)


Previamente, en 1947, Manuel de la Barrera xa fora autorizado pola Delegación de Industria para abrir o novo cine nun edificio da súa propiedade na praza Calvo Sotelo.

22.08.1947 (Las Riberas del Eo)

Finalmente, o 21 de agosto de 1949, inaugurouse o cine Colón coa proxección da película La barrera invisible, de Elia Kazan.


O cine estivo en funcionamento ata o seu peche en 1973.

jueves, 25 de febrero de 2021

Tarzán nos cines ribadenses

Tarzán é un personaxe creado por Edgar Rice Burroughs que apareceu por primeira vez en outubro de 1912 na revista All Story Magazine e posteriormente na novela Tarzán de los monos.

Na historia, Tarzán é adoptado e criado por unha manda de simios despois de que os seus pais morresen, tras quedar perdidos na selva africana despois dun motín no barco no que viaxaban.


A historia de Tarzán foi levada á gran pantalla por primeira vez en 1918, na película muda Tarzán de los monos, dirixida por Scott Sidney e protagonizada por Elmo Lincoln.


Nos anos seguintes realizáronse numerosas películas en torno á súa figura, convertendo a Tarzán nun dos personaxes literarios que máis veces foi levado ao cine, aínda que sen dúbida as máis populares son as protagonizadas polo ex nadador olímpico Johnny Weissmüller.

Durante os anos 30 e 40, Weissmüller interpretou a Tarzán en 12 ocasións, en 6 delas con Maurren O'Sullivan no papel de Jane e sempre acompañados da simpática mona Chita.


A primeira película de Tarzán proxectada en Ribadeo da que hai constancia é Tarzán y su compañera (1934), exhibida no Galaxia en novembro de 1935.

1935

Ademais de Tarzán y su compañera, das 12 películas do Tarzán de Weissmüller, polo menos outras 7 pasaron polos cines ribadenses en varias ocasións:

- Tarzán de los monos (1932):

1939


- Tarzán y su hijo (1939):

1967

- El tesoro de Tarzán (1941): 

1968

1969

- El triunfo de Tarzán (1943):

1977

- Tarzán y las intrépidas amazonas (1945):

1975

1976

- Tarzán y la mujer leopardo (1946):

1977

1978

- Tarzán y la cazadora (1947):

1954

1976

1973


Non hai datos que permitan saber se o resto de películas protagonizadas por Weissmüller: La fuga de Tarzán (1936), Tarzán en Nueva York (1942), Tarzán el temerario (1943) e Tarzán y la sirena (1948), se proxectaron en Ribadeo.

Nos anos 50, Lex Barker tomou o relevo de Weismüller, meténdose na pel de Tarzán en 5 filmes. Un deles foi Tarzán y la fuente mágica (1949), proxectado no Colón un par de veces:

1953

1954

Gordon Scott foi outro dos actores que máis veces interpretou a Tarzán. As súas películas, rodadas na segunda metade da década dos 50 non chegaron ás pantallas ribadenses ata os anos 60 e 70. 

1964

1966
1974
1973
1964
1978
1979

Nos anos seguintes, as aventuras de Tarzán seguiron levándose áo cine e moitas destas longametraxes proxectáronse nas salas da nosa vila:

1936

1955
1962
1967
1968
1968
1968
1971
1973
1975
1976
1976

Hai que destacar que nos anos 70 era moi frecuente que os filmes de Tarzán ocupasen a sesión infantil das 15.30h do cine Teatro:

1972
1974
1975
1976
1976
1978
1978
1979
1979

Máis tarde, a finais dos 90, Tarzán acadou de novo unha gran popularidade, especialmente entre os máis cativos, grazas á versión animada de Disney, proxectada no cine Teatro no ano 2000:

2000


Pero a de Disney non foi a única versión de Tarzán levada á gran pantalla nestes anos:

1999

2000