viernes, 31 de marzo de 2017

Proxecto-R. EL REY DE LOS COWBOYS

O mércores 22 de marzo ás 21h proxectouse no Cantón a película El rey de los cowboys, dirixida e protagonizada por Buster Keaton.
Este western forma parte do ciclo de cine Proxecto-R, organizado polo colectivo Doce do Patíbulo.


El rey de los cowboys (1925) Buster Keaton

Un home que non atopa traballo na súa vila natal emigra á cidade na búsqueda dun futuro mellor, pero ao chegar séntese abrumado polo ritmo de vida e decide probar sorte noutro lugar. O mozo cae dun tren preto dun rancho e convértese nun vaqueiro moi especial...


jueves, 30 de marzo de 2017

Proxecto-R. BONE TOMAHAWK

O mércores 8 de marzo proxectouse no Cine Teatro o western Bone Tomahawk, dirixido por S. Craig Zahler.
A película, que non é apta para menores de 18 anos pola dureza dalgunhas escenas, forma parte do ciclo de cine Proxecto-R, que durante o mes de marzo estivo dedicado ao western

Cartel deseñado por Jesús Seivane

Aínda que a entrada foi de balde, o evento tivo menos éxito do agardado debido a que a esa mesma hora se celebraba o partido da Champions League entre o Barça e o PSG.

08/03/2017 (La Voz de Galicia)


Bone Tomahawk (2015) S. Craig Zahler

Á localidade de Bright Hope chega un forasteiro que pronto levanta as sospeitas do sheriff, que o detén tras dispararlle nunha perna. Samantha O'Dwyer encárgase de extraerlle a bala na súa cela. Esa mesma noite, un mozo é asasinado e o axudante do sheriff, a Sra. O'Dwyer e o detido desaparecen. Seguindo a única pista que ten: unha frecha india, o sheriff buscará aos desaparecidos coa axuda doutros homes.

Cartel proposto por Jesús Seivane para a proxección

domingo, 19 de marzo de 2017

Ribadeo no spot de Abanca

O luns pasado, Abanca presentou na Coruña o spot realizado con motivo do partido entre o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo, que terá lugar esta tarde en Riazor.
O anuncio do derbi galego mostra o rencontro dun pai e o seu fillo, continuando coa historia presentada o ano pasado baixo o lema Imposible sen ti, onde o pai embarcado e o seu fillo vivían o partido distanciados.



O anuncio foi rodado nas localidades de Muros, o Valadouro e Ribadeo, concretamente na rúa Antonio Otero e no porto de Porcillán.

Porto de Porcillán

Rúa Antonio Otero

domingo, 12 de marzo de 2017

Proxecto-R. Curtas de Osamu Tezuka

O pasado mércores 22 de febreiro, proxectáronse no bar Breogán curtas de animación experimental do xaponés Osamu Tezuka.



Esta foi a última sesión de febreiro do ciclo de cine Proxecto-R, organizado polo colectivo Doce do Patíbulo e que ese mes estivo dedicado ao xénero da animación.

Momento da proxección
(Foto: Facebook Proxecto-R)

Osamu Tezuka, coñecido como o "deus do manga", foi ademais de debuxante de historietas, un dos pioneiros da animación xaponesa. Creou a súa propia empresa, Mushi Productions, coa que creou a primeira serie de debuxos animados de Xapón: Astroboy.
Entre as súas curtametraxes atópanse títulos como Macho (1962), Historias de una calle (1962), Recuerdos (1964), Sirena (1964), etc.