jueves, 14 de diciembre de 2023

Ribadeo e o cine: AS BESTAS

Desde o venres 18 de novembro ata o xoves 15 de decembro de 2022 estivo na carteleira de Cines Ribadeo a película As bestas, dirixida por Rodrigo Sorogoyen e protagonizada por Luis Zahera, Marina Foïs, Denis Ménochet e Marie Colomb.


En febreiro de 2023 celebrouse a 37º edición dos Premios Goya e As Bestas foi a película máis premiada da noite, con 9 galardóns entre os que se incluia o de mellor película
Isto provocou que o filme volvese á carteleira dos cines da nosa vila: do 5 ao 16 de febreiro e do 24 de febreiro ao 16 de marzo.


As bestas, rodada en galego, francés e castelán, presenta a Antoine e Olga, unha parella de franceses instalada nunha aldea do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a súa convivencia cos veciños non é tan idílica como lles gustaría. Un conflito cos irmáns Anta fará que a tensión aumente na vila ata acadar un punto sen retorno.