JUAN DE ORDUÑA (1900
– 1974)
Juan
de Orduña foi un actor e director de cine español.
A
principios dos anos 20 fundou a produtora Goya Films, xunto con Florián Rey.
Ademais
de participar en películas de cine mudo como Boy (1926), Juan de Orduña tivo un
papel na primeira película sonora do cine español: El misterio de la puerta del
Sol (1929), e noutros coñecidos filmes, como Nobleza Baturra (1935).
Nos
anos 40, centrouse na súa carreira de director e realizou comedias como La
culpa la tuvo Adán (1944) ou Locura de amor (1948).
Na
década dos 50 pasou a dirixir unha serie de dramas históricos nos que exaltaba
os valores patrióticos: Agustina de Aragón (1950), La leona de Castilla (1951),
Alba de América (1951), etc-
Entre
a súa extensa filmografía tamén hai que destacar El último cuplé (1957),
protagonizada por Sara Montiel.
JOSÉ ANTONIO NIEVES CONDE (1911
– 2006)
Nieves
Conde foi un xornalista e cineasta español.
Comezou
traballando na radio e tamén foi crítico de cine no diario Pueblo e redactor da
revista cinematográfica Primer Plano.
Os
seus inicios no cine foron como axudante de dirección de Rafael Gil, co que
traballou en varias películas.
Tras abandonar o xornalismo, centrouse na súa carreira cinematográfica. A súa primeira película foi Senda ignorada (1946), aínda que o seu primeiro éxito chegoulle con Balarrasa (1950).
Tras abandonar o xornalismo, centrouse na súa carreira cinematográfica. A súa primeira película foi Senda ignorada (1946), aínda que o seu primeiro éxito chegoulle con Balarrasa (1950).
Tamén
dirixiu Surcos (1951), unha película polémica de temática social e moi critica
pola Igrexa, o que provocou que Nieves Conde tivese que modificar o final do
filme antes da súa estrea.
Entre
a súa filmografía atópanse títulos como Los peces rojos (1954), El inquilino
(1958), que
nun principio non contou coa aprobación da censura, Cotolay (1966) e películas
de certo contido erótico, como Volvoreta (1976).