O sábado 18 de setembro de 1971 e tras levar varios anos pechado, o Teatro foi reinaugurado coa proxección da película El fuego y la palabra, protagonizada por Burt Lancaster e Jean Simmons.
Como se pode ler no seguinte artigo, nesta nova etapa o Teatro está en mans da empresa de espectáculos Celta, que levou a cabo novas reformas no interior do edificio antes da súa reapertura:
19/09/1971 (La comarca) |
El fuego y la palabra (1960) Richard Brooks
Elmer Gantry é un home oportunista e extremadamente inmoral. Un día asiste por casualidade a unha reunión relixiosa e ao darse conta do fácil que é gañar cartos como predicador, convértese á relixión evanxélica. Xunto coa irmá Sharon Falconer, Elmer pronuncia sermóns estremecedores que o levan a conseguir fama e diñeiro, pero un xornalista segue os seus pasos para desenmascaralo. Ademais, a situación complícase aínda máis cando reaparece na súa vida unha antiga amiga que fará que Gantry se enfronte ao seu escuro pasado...