viernes, 31 de enero de 2014

Cinelandia e os "mércores ao cine"

Cinelandia é unha das 16 salas de Galicia e das 306 de España que se uniron aos "mércores ao cine".


Esta iniciativa é posible grazas a un acordo entre asociacións de produtores (FAPAE), de distribuidores (FEDICINE) e de exhibidores (FECE), co apoio do ICAA (Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais) e pretende achegar aos espectadores ao cine, baixando o prezo das entradas.

Por este motivo, desde o pasado 15 de xaneiro ata o 15 de abril, os mércores a entrada a Cinelandia custará 4€.
Ademais, o día que o cine está pechado por descanso pasa a ser o xoves e non o mércores.



Actualmente, os prezos das entradas de Cinelandia son os seguintes:
- Venres, sábado, domingos e festivos: 6€
- Luns e martes (Día anticrise): 5€
- Mércores de cine: 4€
- Xoves: pechado por descanso (agás festivos e vésperas de festivos)


10/01/2014 (El Progreso)
(Pinchar na imaxe para vela en grande)