O Concello de Ribadeo e a asociación Capaces Lugo instalaron máis de 200 pictogramas en distintos puntos da vila para facilitar a integración das persoas que sofren algún tipo de diversidade funcional relacionada coa comunicación e a expresión. Ditos sinais axudan a que as persoas con dificultades entendan mellor en que lugar se atopan e as normas a respectar.
Un dos lugares escollidos para a colocación dun destes pictogramas foi o Cine Teatro:
Capaces é unha asociación sen ánimo de lucro creada para apoiar ás persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) e trastornos da comunicación (Trastorno Semántico Pragmático, TEL, etc.).
Membros do Concello de Ribadeo e da Asociación Capaces presentando o proxecto Foto: La Voz de Galicia (29/10/2015) |
Crónica3.com A Mariña (28/10/2015) |