Lactamor, unha asociación de apoio á lactancia materna, está amadriñando a proxección do documental Loba nos cines Cinelandia.
Para facer posible esta proxección, buscan colaboración a través do crowdfunding, xa que son precisas un mínimo de 73 butacas reservadas para que se leve a cabo.
Loba (2015) Catherine Béchard
"Parir na casa?" Cada vez é máis difícil. No mundo realízanse 20 millóns de cesáreas ao ano, máis do dobre do 15% recomendado pola OMS. Loba é un documental que mostra como se vive o parto hoxe en día. A partir dos testemuños dos seus pacientes e das súas amigas comadroas, a directora (osteópata de profesión) invita a percorrer España, Francia, México e Cuba nunha viaxe para descubrir dunha forma íntima como e por que se evolucionou cara a partos tan medicalizados, mentres a profesión de comadroa se ve cada vez máis ameazada.
A proxección do documental Loba está prevista para o sábado 20 de febreiro ás 18h en Cinelandia e se queres reservar unha entrada podes facelo aquí.