O pasado sábado 23 de abril, entregáronse na Coruña os premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
O ribadense Óskar Aramburu (xunto con Sabela Sanmartín e Alberto Hortas) logrou o premio á Mellor maquillaxe e perruquería polo seu traballo na serie Hospital Real, da Televisión de Galicia.
Este é o segundo Mestre Mateo para Óskar, xa que tamén foi premiado en 2007 pola súa participación na película 1 franco, 14 pesetas.
(Foto: Facebook Hospital Real) |
Óskar Aramburu comezou no audiovisual colaborando nalgunhas curtametraxes e posteriormente traballou en programas de televisión como Lluvia de estrellas, en películas como Exodus, dirixida por Ridley Scott e en series como Juego de Tronos e Hospital Real, entre outras moitas.
(Foto Cris Andina: Facebook Studio 16) |
Ao recoller o seu premio, lamentouse de que actualmente Hospital Real non siga en antena debido á súa cota de audiencia. Ademais, adicoulle o galardón a todo o equipo, á súa familia e a Ribadeo.
25/04/2016 (La Voz de Galicia) (Pinchar na imaxe para vela en grande) |
Estes días, o galardón está exposto no escaparate de Studio 16, para todos aqueles que se queiran achegar a velo.