Segundo este artigo publicado en La Comarca del Eo, o 17 de novembro de 1959 tivo lugar no Instituto Laboral a proxección de dous documentais relacionados coas Obras Misionais Pontificias (OMP): Viajes misteriosos, dirixida ao público infantil, e Iglesia mundial o catástrofe mundial, para os adultos.
![]()  | 
| 22/11/1959 (La Comarca del Eo) | 
As OMP son unha institución da Igrexa católica "xurdida co obxectivo de apoiar a actividade misioneira nas rexións non cristiás e que teñen o fin de alentar a conciencia misioneira do Pobo de Deus", como indican na súa páxina web.
