Os programas de man eran folletos usados polas produtoras, as distribuidoras e as salas de cine para publicitar as súas películas e atraer a atención dos espectadores.
Os programas de man tiveron a súa máxima popularidade nos anos 30 e 40 e foron desaparecendo a principios dos 70, coa chegada de novas formas de publicitar as películas.
Na parte dianteira figuraba unha ilustración dalgún fotograma da película, do cartel, dos seus protagonistas, etc. Ademais, tamén aparecían indicados os nomes dos actores e do director.
A parte traseira estaba en branco e nela cada cine imprimía a súa propia publicidade, a información da proxección (día, horarios dos pases...), avances doutras estreas, unha breve sinopse, frases exaltando a calidade do filme, etc.
Nalgúns casos, os programas de man tiñan forma de libriño e contaban con varias páxinas, como é o caso deste da película Chicago:
Parte exterior do programa (Foto: todocolección.net) |
Parte interior do programa (Foto: todocolección.net) |