Algunha vez te fixaches na gran cantidade de referencias ao cine que nos rodean?
Ao longo da historia do cine, as películas, os actores e actrices e moitos dos personaxes aos que interpretan, serviron de fonte de inspiración no noso día a día: na roupa, na decoración, nos videoxogos, na música... Tan só hai que dar unha volta pola nosa vila para comprobar que en calquera lugar pode haber un oco reservado para o sétimo arte.
En moitos casos, o cine clásico de Hollywood e os seus intérpretes máis icónicos, como Marilyn Monroe, Audrey Hepburn ou James Dean, son os protagonistas absolutos e ata se poden atopar manualidades e incluso coxíns coas súas caras:
|
O bosque animado |
|
Siñeiro Hogar |
En Pulpeiro tamén podemos atopar algún coxín para cinéfilos, neste caso, co debuxo dun stormtrooper de Star Wars:
|
Pulpeiro |
Laurel e Hardy, máis coñecidos como El gordo y el flaco, son unha das parellas cómicas máis famosas do cine e todos os anos acompañan á parella máis coñecida de todo Ribadeo: os Cocos.
|
Cabezudos do Gordo e o Flaco |
Harpo, un dos irmáns Marx, encárgase de darlle a benvida a todos os que pasan por Galipizza, onde ademais hai unha figura dunha cámara de cine antiga que forma parte da decoración.
|
Harpo en Galipizza |
Por outra parte, as paredes dos bares tamén están repletas de referencias ao cine. Por exemplo, nas do Cantón pódense ver algunhas reproducións de programas de man de películas antigas.
|
Cantón |
Na Curuxa hai uns cantos pósters de películas clásicas como Tiempos modernos, Ciudadano Kane e Casablanca, entre outras.
|
A Curuxa |
Na Mareta e no Maloserá tamén hai rostros coñecidos da gran pantalla e se vas aos baños poderás ver a Paul Newman, a Jonhnny Depp, a Brigitte Bardot ou a Marion Cotillard, entre outros.
|
Mareta |
|
Mareta |
Un exemplo moi evidente é o do pub Manhattan, que lle debe o seu nome á película homónima de Woody Allen. A mítica imaxe do banco no que están sentados os personaxes interpretados por Diane Keaton e Woody Allen, decora unha das paredes do local.
|
Pub Manhattan e póster da película de Woody Allen |
O cine tamén é unha fonte de inspiración recurrente para algunhas creadoras locais. En Viva la Pepa podemos atopar pratos pintados á man de Pulp Fiction, Desayuno con diamantes, La la land, etc., aínda que se dúbida os máis coñecidos son os de Mary Poppins e Peter Pan.
|
Viva la Pepa |
|
Viva la Pepa |
Na camiseta King Kong de Mandarita, o enorme gorila cambia o Empire State pola Torre dos Moreno.
|
Mandarita |
Tampouco hai que esquecerse da perruquería de Óskar Aramburu, cun ambiente moi cinematográfico, nin do hotel Mi Norte, onde cada habitación homenaxea a unha película.
|
A perruquería de Oskar Aramburu e o Hotel Mi Norte |
Ademais, en todo o relacionado cos nenos (librarías, xogueterías, tendas de roupa...) é case imposible non atopar referencias ao universo Disney e ás súas películas: camisetas de Mickey Mouse e os seus amigos, bonecas das princesas Disney, ovos de chocolate de Frozen...
|
Xoguetería Din Don |
Estes son só algúns exemplos do cine en Ribadeo, así que se se che ocorren máis, non dubides en compartilos!
|
Reloxo - cámara en Morán |