domingo, 17 de marzo de 2019

Documental: Benvidas ao Club

O pasado sábado 16 de marzo ás 19h, proxectouse na tenda bar Amodiño o documental Benvidas ao Club, dirixido por Carmen PG Granxeiro, que estivo presente no coloquio posterior.



A curta documental foi recentemente recoñecida co "Premio Especial Biznaga de Plata Afirmando os Dereitos das Mulleres" no Festival de Málaga, fóra da competición oficial.

Benvidas ao club fala do maior sumario contra a trata de mulleres visto no noso país: a Operación Carioca, levada a cabo na cidade de Lugo. Centos de mulleres foron vítimas da corrupción e da violencia, coa conivencia incluso dalgunhas das principais forzas do estado.


O sábado 9 de marzo, o Amodiño celebrou unha tarde de cine, coa proxección de varias curtas entre as que destaca Sea, dirixida por Sabrina Zerkowitz e realizada seguindo a técnica do stop motion.