John Wayne, nacido o 26 de maio de 1970 en Winterset (Iowa) e coñecido popularmente como The Duke (O Duque), foi un actor estadounidense, símbolo por antonomasia do western e un dos grandes mitos da historia do cine.
Wayne comezou no mundo do cine por accidente, xa que debido a unha lesión tivo que deixar o equipo de rugby, polo que perdeu unha bolsa de estudos e viuse obrigado a abandonar a universidade e empezar a traballar como axudante na Fox.
O seu primeiro papel como protagonista, despois de anos facendo de extra, foi na película La gran jornada, dirixida por Raoul Walsh e que non tivo demasiado éxito en taquilla.
Continuou traballando noutros filmes de pouca relevancia, ata que en 1939, saltou ao estrelato con La diligencia, dirixida por John Ford, co que Wayne trabara unha boa amizade nos estudios da Fox.
En La diligencia, Wayne interpreta a Ringo Kid, quen emprende unha longa viaxe xunto cun grupo variopinto de persoas e durante o que se terán que enfrontar ao ataque dos apaches.
Esta película proxectouse no Cine Teatro en agosto de 1966:
|
14/08/1966 |
|
Fotograma de La diligencia (1939) |
A década dos 40 foi moi frutífera para o actor, que protagonizou numerosas películas como Él y su enemiga (1944), La patrulla del coronel Jackson (1945), Río Rojo (1948), Arenas sangrientas (1949), La legión invencible (1949) e El luchador de Kentucky (1949), entre outras.
|
30/12/1951 |
|
14/11/1954 |
|
06/05/1956 |
|
25/12/1960 |
|
14/04/1962 |
|
15/04/1962 |
|
28/12/1952 |
|
31/07/1955 |
|
John Wayne e Montgomery Clift en Río Rojo (1948) |
Un dos filmes desta década que máis veces se proxectou nos cines ribadenses foi Fort Apache (1948), do director John Ford.
|
26/08/1951 |
|
12/09/1965 |
|
19/09/1965 |
Nos 50, John Wayne continuou protagonizando un gran número de películas. Moitas delas estaban dirixidas por John Ford e puideron verse nas pantallas ribadenses, como é o caso de El hombre tranquilo (1952), Los centauros del desierto (1956), Escrito bajo el sol (1957) e Misión de audaces (1959).
|
15/01/1956 |
|
14/01/1956 |
|
23/06/1957 |
|
John Wayne e Maureen O'Hara en El hombre tranquilo (1952) |
|
03/09/1961 |
|
27/08/1961 |
|
29/05/1966 |
|
11/09/1960 |
|
04/09/1960 |
Río Grande (1950), tamén dirixida por Ford, proxectouse en numerosas ocasións na nosa vila, incluso formando parte da sesión infantil:
|
14/03/1954 |
|
29/08/1964 |
|
30/08/1964 |
|
30/11/1969 |
Outros dos títulos máis destacados da filmografía de John Wayne durante os anos 50, e que se proxectaron nos cines ribadenses, foron: El infierno en las nubes (1951), La flota silenciosa (1951), Un conflicto en cada esquina (1953), El infierno blanco (1953), Hondo (1953), El zorro de los Océanos (1955), El conquistador de Mongolia (1956), Arenas de muerte (1957), Amor a reacción (1957), El bárbaro y la geisha (1958) e Río Bravo (1959).
|
04/10/1953 |
|
18/10/1953 |
|
06/02/1955 |
|
09/12/1956 |
|
04/03/1956 |
|
05/06/1960 |
|
22/03/1959 |
|
08/05/1960 |
|
28/12/1958 |
|
06/11/1960 |
|
05/06/1960 |
|
29/07/1962 |
|
Fotograma de Río Bravo (1959) |
En 1960, John Wayne dirixiu a súa primeira película, que estaba protagonizada por el mesmo: El Álamo, un western basado nunha historia real durante a guerra de independencia de Texas.
Este filme proxectouse no cine Colón e debido á súa longa duración, houbo que cambiar os horarios habituais das sesións:
|
08/12/1962 |
|
16/12/1962 |
Nesta mesma década dos 60, John Wayne continuou a súa carreira cinematográfica con películas como Alaska tierra de oro (1960), Los comancheros (1961), El día más largo (1962), El hombre que mató a Liberty Valance (1962), Hatari (1962), El gran McLintock (1963), El fabuloso mundo del circo (1964) e Ataque al carro blindado (1967), entre outras.
|
10/09/1961 |
|
22/03/1964 |
|
03/04/1965 |
|
04/04/1965 |
|
13/10/1963 |
|
29/12/1963 |
|
02/01/1966 |
|
08/09/1968 |
|
28/09/1969 |
En 1969, Wayne gañou o premio Oscar ao mellor actor, pola súa interpretación en Valor de Ley (1969), dirixida por Henry Hathaway.
Nos anos 70 o actor seguiu protagonizando películas como Chisum (1970), Río Lobo (1970), Los Cowboys (1972) e El rifle y la Biblia (1975), ata o seu falecemento o 11 de xuño de 1979, a causa dun cancro.
|
03.12.1972 (La Comarca del Eo) |
|
31.12.1972 (La Comarca del Eo) |
|
25.03.1973 (La Comarca del Eo) |
|
12.02.1978 (La Comarca del Eo) |
|
Wayne e Ford en 1971 |
John Wayne mostrou sempre unha ideoloxía conservadora e apoiou as políticas anticomunistas nos 50, durante a chamada "caza de bruxas" do senador McCarthy.
Hai que recordar que nesta época, levouse a cabo unha persecución a todos os que non demostraran lealtade ao goberno norteamericano, anulando a carreira de moitos profesionais de Hollywood que figuraban na lista negra de McCarthy.
En canto á súa vida privada, o Duque estivo casado en 3 ocasións: con Josephine Alicia Sáenz, con Esperanza Baur (coa quen tivo 4 fillos) e con Pilar Pallete (coa que tivo 3 fillos).
|
Créditos de Chisum (1970) |