Como parte das actividades para a mocidade organizadas polo Concello de Ribadeo este verán, celebrouse un campamento audiovisual.
Durante unha semana, os participantes crearon vídeos empregando a técnica do stop motion: fixeron o guión, o storyboard, crearon os personaxes e os sets de rodaxe, realizaron a gravación e a montaxe e finalmente, presentaron os seus proxectos xa rematados.
Os vídeos tratan temas como a redución do uso de plásticos, o aproveitamento de construcións xa existentes para novos usos, a axuda a persoas maiores e o abandono animal, entre outros.
Podes ver todos os proxectos facendo clic aquí.