sábado, 30 de noviembre de 2019

Ribadeo e o cine: O QUE ARDE

O que arde é unha película dirixida por Oliver Laxe, protagonizada por Amador Arias e Benedicta Sánchez e que acadou o premio do xurado na pasada edición do Festival de Cannes. Ademais opta a 4 premios Goya: mellor película, mellor dirección (Oliver Laxe), mellor actriz revelación (Benedicta Sánchez) e mellor dirección de fotografía.


O filme, rodado en distintas localizacións da provincia de Lugo, foi proxectado o día 15 de outubro para o alumnado dos centros educativos de Ribadeo, que tivo a ocasión de falar co director, presente no posterior coloquio.

Foto: ort-ort.com

Ademais, Cines Ribadeo acolleu outro pase da película o día 17 de outubro e debido á gran afluencia de espectadores, O que arde tivo que ser proxectada simultaneamente nas dúas salas do cine. 


Por este mesmo motivo e a pesar de que non estaba previsto nun principio, a película permaneceu na carteleira da nosa vila uns cantos días máis.





O que arde (2019) Oliver Laxe 

Amador sae do cárcere tras cumprir condea por provocar un incendio e ao seu regreso á casa, nunha aldea das montañas lucenses, volverá a convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela e as súas vacas. As súas vidas transcorren co ritmo sosegado da natureza, ata que o lume arrasa a zona.