jueves, 28 de mayo de 2020

Cine Ribadeo continúa pechado

O pasado 13 de marzo, ao decretarse o Estado de alarma por mor da pandemia do coronavirus, o Cine Ribadeo tivo que pechar.



Actualmente e dado que Galicia xa está na fase 2 da desescalada, o cine podería abrir co 30% do seu aforo, pero teremos que agardar ata o próximo 1 de xullo para poder volver a ocupar as súas salas.

27.05.2020 (La Voz de Galicia)

O xerente e propietario, José Miguel Gallego, explicou en La Voz de Galicia que non é rendible reabrir mentres que non haxa estreas de películas e o público procedente de Asturias non poida vir ao cine, xa que hai que recordar que aínda non está permitido desprazarse dunha provincia a outra.

27.05.2020 (La Voz de Galicia)