lunes, 16 de noviembre de 2020

Artigos de cine: "Silencio, por favor"

En novembro de 1957, publicouse en La Comarca del Eo un artigo no que se fai referencia ao silencio, ou á falta del, nos cines de Ribadeo. 

A persoa que escribe o artigo quéixase de que cada vez son máis os grupiños de xente que vai ao cine e non permanece en silencio, molestando ao resto de espectadores da sala.

24.11.1957 (La Comarca del Eo)

En abril de 1959, o tema do silencio nos cines foi de novo o tema dun artigo de La Comarca del Eo

19.04.1959 (La Comarca del Eo)