Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta música. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de diciembre de 2023

Concerto de música de cine 2023

O 25 de agosto de 2023 ás 20.30h celebrouse no Auditorio Hernán Naval o concerto de música de cine que cada ano ofrece a Banda Municipal de Música de Ribadeo.


Ao igual que en ano anteriores, a interpretación das bandas sonoras estivo acompañada da
proxección de fragmentos das películas.

A BSO de Grease foi unha das interpretadas pola Banda

domingo, 26 de noviembre de 2023

O cine Colón no cartel da IX edición do Festival de Jazz & Blues

O cine Colón é o protagonista do cartel da IX edición do Festival de Jazz & Blues de Ribadeo, que terá lugar do 2 ao 9 de decembro.


lunes, 22 de mayo de 2023

Concerto de música de cine 2022

O domingo 28 de agosto de 2022 ás 20.30h tivo lugar no Auditorio Hernán Naval o tradicional concerto de música de cine da Banda Municipal de Música de Ribadeo.


Nesta ocasión o concerto estivo especialmente dedicado ao público infantil, polo que a Banda interpretou temas de películas como Encanto, Cómo entrenar a tu dragón, Coco, Smallfoot, etc.

Igual que todos os anos, a interpretación das bandas sonoras estivo acompañada da proxección de fragmentos das películas.

Ensaio da Banda
(Foto: Facebook BMMR)

lunes, 6 de septiembre de 2021

Concerto de música de cine 2021

O pasado 21 de agosto tivo lugar nas inmediacións do Parque e do Concello o tradicional concerto de música de cine da Banda Municipal de Música de Ribadeo


A Banda interpretou temas das películas
Los Vengadores, Tarzán, El guardaespaldas, Regreso al futuro, Cabaret, Misión imposible, Ha nacido una estrella, Bohemian Rapsody, Rocky III e James Bond.

O concerto rematou coas cancións I feel good e co tema principal de Barrio Sésamo.


Ao igual que en anos anteriores, a interpretación das bandas sonoras estivo acompañada da
proxección de fragmentos das películas

domingo, 20 de junio de 2021

Proxecto Versión Fin

O cine Teatro e o Círculo Habanero acollen esta fin de semana dous concertos audiovisuais que forman parte do proxecto Versión Fin, levado a cabo por Iván Torres.
Cada concerto é único e nel combínanse antigas películas de celuloide recuperadas do cine Teatro con música improvisada en directo.


Iván Torres explicou que "este proxecto chámase Versión Fin porque son uns textos que se atopan facilmente nas colas de celuloide e que normalmente están escritos polos proxeccionistas. O celuloide sempre, cando ía pasando de proxeccionista en proxeccionista, tiña unhas marcas que eles ían deixando e que eran como mensaxes para o seguintes proxeccionista para ver se unha cola terminada nun sitio, empezaba noutro, se tiña un erro ou marcas que non debían estar aí."


Os concertos teñen lugar ás 21h, o sábado 19 no cine Teatro e o domingo 20 no Círculo Habanero. Máis adiante, segundo anunciou a concelleira de cultura, Pilar Otero, haberá outras dúas proxeccións no peirao de Rinlo e no Pazo de Cedofeita.

sábado, 31 de agosto de 2019

Concerto de música de cine 2019

O venres 30 de agosto tivo lugar nas escaleiras do Concello o tradicional concerto de música de cine da Banda Municipal de Música de Ribadeo.



Nesta ocasión, a Banda interpretou temas dalgunhas películas como El mago de Oz, La sirenita, El libro de la selva e Coco, entre outras.


Ao igual que en anos anteriores, a interpretación das bandas sonoras estivo acompañada da proxección de fragmentos das películas.




O concerto comezou coa música de miniserie The Pacific e da película El mago de Oz:



miércoles, 31 de julio de 2019

Coral Polifónica de Ribadeo: Música de película

O pasado sábado 27 de xullo, no auditorio municipal tivo lugar un concerto no que a Coral Polifónica de Ribadeo interpretou algúns temas de coñecidas películas, como Desayuno con diamantes e Mamma Mía!, entre outras.


Este concerto era o número 500 da Coral, desde a súa creación en 1955, e nel colaborou o Coro do colexio Sagrado Corazón.

Foto: Facebook Coral Polifónica de Ribadeo

Foto: Miguel (La Voz de Galicia)

O importe das entradas foi doado integramente á Asociación Española Contra o Cancro.

domingo, 2 de junio de 2019

Videoclip de Rodrigo Ramos e Guadi Galego

Rodrigo Ramos, músico e compositor dezano, presentou Quedaches sen nada, adianto do seu próximo disco, Sol de Inverno. A súa comercialización está prevista tras o verán baixo o sello Rock Estatal Récords. 
Quedaches sen nada é un tema intimista, delicado, que trata sobre a depresión, o fracaso e os medos máis profundos que impiden desfrutar da vida. Nesta canción, Rodrigo Ramos conta coa colaboración de Guadi Galego.




O videoclip de Quedaches sen nada, dirixido por Jairo Moreno, inclúe fragmentos rodados na costa ribadense, como por exemplo, na praia de Illas.



Podedes ver o videoclip facendo clic aquí.

miércoles, 27 de marzo de 2019

Videoclip de Dios Ke Te Crew

Recentemente presentouse o videoclip do tema Melancolía, un adianto de O Ciclo da Serpe, o novo LP do grupo Dios Ke Te Crew.

25/03/2019 (Xornal da Mariña)

O vídeo, dirixido por Xaime Miranda, foi rodado integramente na Mariña, en localizacións de Barreiros e de Ribadeo, como a zona da praia das Illas e unha das cetáreas de Rinlo.



Fotogramas do videoclip

Podedes ver o videoclip de Melancolía aquí.

miércoles, 9 de enero de 2019

Ribadeo en El último tranvía

El último tranvía é unha revista musical estreada no Teatro La Latina de Madrid en outubro de 1987 e que se mantivo en cartel ata 1991. A obra, emitida en TVE o 25 de setembro de 1991, está protagonizada por Lina Morgan.



A cómica interpreta a Reme, unha muller criada pola súa tía, de quen herda unha gran fortuna. Tras o falecemento da tía, Reme deixa a súa vila e vai á cidade co obxectivo de ser recoñecida por Don José, o seu pai. Alí, coñece a Carlos (interpretado por Manuel Brun en 1990 e 1991), que intenta conquistala.

Nesta obra faise mención á nosa vila nun dos diálogos: cando Carlos, que conta que de mozo foi carteiro en Ribadeo, lle propón matrimonio a Reme.

- ¿Nos casamos?
- ¿Casarnos? ¿Y tú que sabes hacer?
- Quererte con todo mi alma.
- ¿Y además?
- Bueno, así de pronto... ¡Ah! De más joven fui cartero en Ribadeo.


miércoles, 26 de septiembre de 2018

Concerto de música de cine 2018

O venres 24 de agosto, tivo lugar diante do Concello un concerto de música de cine no que a Banda Municipal de Música de Ribadeo interpretou bandas sonoras de películas.



Estas foron as cancións interpretadas:



Como en anos anteriores, a interpretación dos temas estivo acompañada da proxección de fragmentos das películas.

Fragmentos de Dirty Dancing e La la land

O concerto rematou co tema principal de Sister Act, que non estaba previsto no programa:



martes, 19 de junio de 2018

1998: Música de cine

En xullo de 1998, con motivo do Día da Patria, tivo lugar un concerto no que a Banda de Música de Ribadeo, dirixida por Hernán Naval, interpretou temas de películas como Ghost, Parque Jurásico, Superman, James Bond e Bailando con lobos, entre outras.

24.07.1998 (La Voz de Galicia)

domingo, 27 de agosto de 2017

Concerto de música de cine 2017

O pasado venres 25 de agosto, celebrouse no Parque de San Francisco un concerto no que a Banda Municipal de Música de Ribadeo interpretou bandas sonoras de películas como Mary Poppins, Toy Story e La Bella y la Bestia, entre outras.



Como en anos anteriores, a interpretación dos temas estivo acompañada da proxección de fragmentos das películas.

Foto: Masé García Burgo para o grupo Non eres de Ribadeo si non...

lunes, 29 de agosto de 2016

Concerto de música de cine 2016

O pasado venres 26 de agosto celebrouse no Cine Teatro un concerto no que a Banda Municipal de Música de Ribadeo interpretou bandas sonoras de películas e da serie Juego de tronos:





A interpretación dos temas estivo acompañada pola proxección de imaxes das películas:


Momento no que a Banda interpreta o tema de Star Wars
(Foto: Capturas do vídeo de Ana García Sabela para o grupo Non eres de Ribadeo si...)


PELÍCULAS:

Los tres mosqueteros (1993) Stephen Herek

Shrek (2001) Andrew Adamson e Vicky Jenson

Tarzán (1999) Kevin Lima e Chris Buck

Harry Potter y el cáliz de fuego (2005) Mike Newell

Bailando con lobos (1990) Kevin Costner

Star Wars (1997) George Lucas 

Juego de Tronos (serie)

El Señor de los Anillos (saga)


Momento no que a Banda interpreta o tema principal da serie Juego de Tronos
(Foto: Capturas do vídeo de Ana García Sabela para o grupo Non eres de Ribadeo si...)

Para recordar o concerto de música de cine de 2015 fai clic aquí e para o de 2014, aquí.

domingo, 30 de agosto de 2015

Agosto Musical 2015: Música de cine

O pasado venres 28 de agosto, celebrouse no Cine Teatro o último concerto do Agosto Musical 2015 da Banda Municipal de Música de Ribadeo, no que interpretaron bandas sonoras de películas.




Durante o concerto, proxectáronse imaxes das películas.

Momento no que a Banda interpreta un tema de Aladdin


PELÍCULAS:

Memorias de África (1985) Sydney Pollack 

Titanic (1997) James Cameron 

Exodus: Dioses y Reyes (2014) Riddley Scott

Aladdin (1992) John Musker e Ron Clements 

West Side Story (1961) Robert Wise e Jerome Robbins 

Jesucristo Superstar (1973) Norman Jewison 

Piratas del Caribe (2003) Gore Verbinski


miércoles, 29 de julio de 2015

Cine no IV Festival Jazz & Blues

Do 18 ao 26 de xullo, celebrouse o IV Festival de Jazz & Blues de Ribadeo.
Ademais de concertos e cursos de baile e música, o festival incluíu a proxección do documental A film about kids and music, dirixido por Ramon Tort.





A film about kids and music (2012) Ramon Tort

A film about kids and music é un documental sobre a Sant Andreu Jazz Band. A orquestra, dirixida por Joan Chamorro, reúne a nenos e nenas de entre 6 e 18 anos ao redor dun repertorio de jazz clásico que enche os auditorios máis importantes do país.
A película é unha viaxe da man do director de orquestra, que nos sumerxe nun método de ensinanza tan singular como os resultados que consegue. 


Aquí podedes ver o tráiler do documental:


sábado, 30 de agosto de 2014

Agosto Musical 2014: Música de cine

O venres 29 de agosto, no Parque de San Francisco, tivo lugar un concerto no que a Banda Municipal de Música Ribadeo interpretou temas de varias películas:



Durante o concerto, proxectáronse fragmentos das películas:

Momento no que a Banda interpreta a música de Braveheart

Esta actuación serviu de peche para o Agosto Musical 2014 da Banda:



PELÍCULAS:

El rey León (1994) Rob Minkoff e Roger Allers 

La bella y la bestia (1991) Gary Trousdale e Kirk Wise

Braveheart (1995) Mel Gibson

Pearl Harbour (2001) Michael Bay

El príncipe de Egipto (1998) Simon Wells, Steve Hickner e Brenda Chapman 

Gladiator (2000) Ridley Scott

La vida es bella (1997) Roberto Benigni



Momento no que a Banda interpreta a música de El rey León
(Foto: Facebook Ribadeo)

Se queredes ver máis fotos, podedes velas no Facebook "Ribadeo", onde tamén atoparedes un vídeo do final do concerto.


jueves, 27 de junio de 2013

Música de cine: Festival de fin de curso 2012 - 2013 da EMMD

O pasado 22 de xuño, celebrouse no auditorio municipal Hernán Naval o festival de fin de curso 2012 – 2013 da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo.


A temática escollida nesta ocasión foi o cine, polo que as diferentes agrupacións que pasaron polo escenario interpretaron as bandas sonoras de filmes tan coñecidos como El Rey León, La Sirenita, Chicago e Indiana Jones, entre outros.

21/06/2013 (Crónica3.com A Mariña)

Se queredes recordar máis "música de cine en Ribadeo", pinchade aquí: Música de cine

miércoles, 22 de agosto de 2012

Música de cine

En numerosas ocasión, os veciños de Ribadeo puideron desfrutar do cine a través da súa música, xa que tanto a Banda Municipal de Música como a Coral Polifónica ofreceron concertos nos que interpretaron bandas sonoras de coñecidas películas.
Estes son tan só algúns exemplos destes concertos:

Concerto de música de cine
O día 25 de xullo de 1994 tivo lugar no parque un concerto de música de cine.
Nunha pantalla xigante fóronse proxectando imaxes de coñecidas películas como West Side Story ou Memorias de África, á vez que a Banda Municipal de Ribadeo interpretaba as súas correspondentes bandas sonoras.

1994 (La Voz de Galicia)

I Certame Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Música de Cine
Os días 25 e 26 de xullo de 2003 celebrouse na Praza de Abaixo, tendo o Cine Colón como telón de fondo, o I Certame Internacional de Bandas e Concurso de Composición de Música de Cine.
Nel participaron as bandas de música de Valga, Viveiro, Candeán, Valadares, Beade, Ribadeo e Lalin.
O 1º premio foi para a Banda de Lalín, dirixida por Marcel Van Bree. Durante a súa actuación interpretaron pezas de Robin Hood, príncipe de los ladrones, de La Strada e de James Bond.
O 2º e o 3º premio foron para a Escola de Música de Beade e para a Unión Musical de Valadares, respectivamente.
O xurado estivo composto por Sef Pijers, director e profesor de clarinete; Rafael Taléns, compositor e director; José Ramón Martínez Reyero, estudiante de dirección de orquestra e composición e por Celia Alcedo, titulada superior en canto.
O certame estivo organizado pola Asociación Amadores da Música, a Banda Municipal de Ribadeo, o Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia.

24/07/2003 (La Voz de Galicia)

25/07/2003 (La Voz de Galicia)

Música... de película
En xullo de 2011, o Cine Teatro acolleu o concerto Música... de película, que serviu como peche do curso A Torre dos Moreno e a arte do seu tempo.
Neste concerto a Coral Polifónica de Ribadeo interpretou algúns temas de Desayuno con diamantes, El álamo, Los chicos del coro e Mar adentro, á vez que se proxectaban imaxes de ditos filmes.

Esta non foi a primeira vez que a Coral ofreceu un concerto así, posto que xa o fixera en agosto de 2007.

Banda sonora de Os mortos van á présa
E tampouco hai que esquecer que a Banda Municipal de Música de Ribadeo interpretou a banda sonora, composta por Arturo Kress, da película Os mortos van á présa.
Aquí pódese escoitar un dos temas principais:



Películas ás que se fai referencia:
West Side Story (1961) Jerome Robbins e Robert Wise
Memorias de África (1985) Sydney Pollack
Robin Hood, príncipe de los ladrones (1991) Kevin Reynolds
La Strada (1954) Federico Fellini
Desayuno con diamantes (1961) Blake Edwards
El álamo (1960) John Wayne
Los chicos del coro (2004) Christophe Barratier
Mar adentro (2004) Alejandro Amenábar
Os mortos van á presa (2008) Ángel de la Cruz