miércoles, 9 de enero de 2013

Ribadeo nas curtas: Paquete

A finais de decembro de 2004, o auditorio ribadense acolleu un obradoiro de iniciación á curtametraxe, organizado pola Concellería de Cultura e Mr. Misto Films. 

30/12/2004 (La Voz de Galicia)
Unha das actividades principais do curso consistiu en gravar unha curta, Paquete, dirixida por Julia Díaz e Ignacio Rodríguez. 
A obra, que se desenvolve no parque de San Francisco, está protagonizada por Adolfo Gasalla e Toni Deaño, xunto con outros moitos veciños da vila.

Aquí podedes ver Paquete