miércoles, 6 de febrero de 2013

1956: Directores

En 1956, proxectouse no Colón a película El mayor espectáculo del mundo (1952), de Cecil B. DeMille e era raro o ano no que non se atopase na carteleira dos cines ribadenses algún filme deste director.
Polas pantalla dos cines da vila pasaron títulos como El mayor espectáculo del mundo (1952), Corsarios de Florida (1938), Policía montada del Canadá (1940) e El prófugo (1931), entre outros.

CECIL B. DEMILLE (1881 – 1959)

Cecil B. DeMille foi un director de cine norteamericano.
A súa carreira comezou no teatro, xa que DeMille estudou Arte Dramático e debutou en Broadway en 1900. Tamén foi actor e manager na compañía teatral da súa nai.
En 1913, fundou xunto con Jesse Lasky e Samuel Goldwyn a compañía Jesse L. Lasky Feature, onde produciron a que está considerada como a primeira película de Hollywood, El prófugo (1914), dirixida polo propio DeMille.
Entre a súa extensa filmografía, destacan os filmes épicos de temática histórica e relixiosa, como por exemplo, Rey de reyes (1927), El signo de la cruz (1932), Cleopatra (1934) e Los diez mandamientos (1956).
Cecil B. DeMille foi un dos fundadores da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de Hollywood e en 1949 recibiu un Oscar honorífico pola súa carreira.