martes, 24 de septiembre de 2013

Ribadeo na continuidade das canles de televisión

As praias, rúas e edificios de Ribadeo non só aparecen en películas, curtas ou videoclips, senón que tamén podemos velas na continuidade dalgunhas canles de televisión, principalmente das autonómicas.

Aquí tedes algúns exemplos de cortiniñas e ráfagas nas que está presente Ribadeo:



TELEVISIÓN DE GALICIA

Outono 2010:
A praia das Catedrais é a protagonista desta peza, que forma parte dunha serie que mostra lugares emblemáticos de Galicia, como a catedral de Santiago e a Torre de Hércules, entre outros.


Outono 2012:
Ribadeo apareceu en dúas das cortiniñas deste outono: nunha delas pódese ver parte das Catro Calles (concretamente da rúa Rodríguez Murias) e na outra, aparecen a Torre dos Moreno e unha praia ribadense.

 


V TELEVISIÓN

A praia das Catedrais tamén está presente nestas dúas ráfagas de V televisión.



TELEVISIÓN ESPAÑOLA

Outono 2013:

As Catedrais, xunto con outros monumentos naturais de España como por exemplo os Picos de Europa, forman parte dunha serie de cortiniñas que podemos ver este outono en TVE.