En xullo de 1966, estreouse no cine Colón a película Por favor, non molesten, protagonizada por Doris Day e Rod Taylor.
En Las Riberas del Eo publicouse o seguinte artigo, onde se destaca especialmente o vestiario de Doris Day na película: 26 vestidos valorados en máis de 6 millóns de pesetas:
16/07/1966 (Las Riberas del Eo) |
16/07/1966 (Las Riberas del Eo) |
Por favor, no molesten (1965) Ralph Levy
Janet Harper é a muller dun executivo norteamericano destinado en Londres. O seu home ten moito traballo na fábrica e ela ten problemas para adaptarse á cidade e ao seu novo fogar. Janet chama a atención de Paul, un cabaleiro prototipo da boa educación europea, o que espertará os celos do marido.