O martes 27 de maio de 2003, o Cine Teatro pechou as súas portas, coa proxección da película Este cuerpo no es el mío, protagonizada por Rob Schneider.
Ata ese momento, este cine era o máis antigo da provincia de Lugo que aínda permanecía aberto.
Foto: Cines de Galicia |
Ademais, ao longo dos seus anos de historia, o Teatro conviviu con todos os outros cines ribandenses: a finais da década dos 30 co Galaxia, nos 50 co Colón e a principios de 2003, cos Multicines Cinelandia.
Este cuerpo no es el mío (2002) Tom Brady
Unha moza adolescente, moi popular e atractiva pero mala, esperta un día dentro do corpo dun home. Mentres intenta descubrir que pasou e como volver ao seu estado anterior, dase conta do cruel e malvada que foi cos demais ata ese momento.