jueves, 15 de enero de 2015

O Colón na exposición "Cines e vidas. Espazos compartidos"

Hoxe ás 20h inaugúrase en Santiago de Compostela a exposición "Cines e vidas. Espazos compartidos", no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche.



Unha fotografía da taquilla do Colón, é unha das 15 instantáneas escollidas para formar parte da exposición, que se poderá visitar desde o 15 de xaneiro ata o 12 de febreiro e que serve como remate da edición 2014 do Compostela Cine Classics.


As fotografías nun momento de preparación da exposición

A taquilla do Colón