martes, 19 de julio de 2016

Cine ao natural: Los Minions

O próximo mércores 20 de xullo, ás 22h no aparcadoiro municipal, terá lugar a proxección da película Los Minions, organizada por Gas Natural Fenosa.
A entrada será libre, aínda que o número de plazas con asento é limitado.



Los Minions (2015) Kyle Balda e Pierre Coffin 

Os Minions sempre se puxeron ao servizo dos amos máis desprezables. Ante a súa incapacidade para manter a eses amos, desde o T.Rex a Napoleón, os Minions atópanse sós e caen nunha profunda depresión. Un deles, Kevin, ten un plan. Acompañado polo rebelde Stuart e o adorable Bob, emprende unha viaxe para atopar unha xefa á que servir, a terrible Scarlet Overkill, e salvar así á raza Minion da extinción.