Os días 28 e 29 de setembro, rodáronse nas Catedrais escenas da serie coreana The legend of the blue sea, que se estreará o próximo 16 de novembro.
![]() |
Momento da rodaxe (Foto: ORT) |
The legend of the blue sea é un drama romántico, dirixido por Jin Hyuk, que relata a historia dunha serea que é devolta ao mar por un aristócrata.
A serie está protagonizada por Lee Min Ho e Ju Ji Hyun, dúas grandes estrelas do audiovisual asiático, o que fixo que numerosos medios de comunicación se achegasen ata Ribadeo para seguir de preto a rodaxe.
![]() |
Lee Min Ho e Ju Ji Hyun |
![]() |
29/09/2016 (La Voz de Galicia) |
A praia das Catedrais foi un dos escenarios escollidos para gravar os exteriores da serie, xunto coa illa de Palaos, Barcelona e A Coruña, entre outros lugares.
![]() |
Momento da rodaxe nas Catedrais (Foto: El Progreso) |
O equipo técnico e artístico formado por unhas 150 persoas aloxouse en hoteis da zona, utilizou o seu propio material traído desde Corea do Sur e subcontratou á produtora catalá My Way para as rodaxes en España.
![]() |
(Foto: X.F. Ramallal. La Voz de Galicia) |
Para facilitar a rodaxe, o Concello de Ribadeo habilitou unha zona especial para aparcar os tráilers cos equipos e o cátering.
![]() |
Momento da rodaxe |
![]() |
Aparcamento habilitado polo Concello para o equipo |
Entre as escenas que se gravaron en Ribadeo, destacou unha persecución polos campos de millo próximos aos cantís, na que os protagonistas contaron con dobres de acción.
![]() |
Gravación nos cantís (Foto: El Progreso) |