viernes, 24 de noviembre de 2017

2017: Evolución das entradas de Cinelandia

Esta é a evolución das entradas de Cinelandia:



Ademáis de cambios no deseño das mesmas, nelas tamén se pode apreciar como o IVE foi subindo co paso dos anos.

Hai que ter en conta que o Imposto sobre o Valor Engadido introduciuse en España en 1986, ao ingresar na Unión Europea, e nos seus inicios o IVE reducido, o aplicado ao cine, era do 6%
En xaneiro de 1995 subiu ao 7%, como se pode apreciar nas primeiras entradas. 
En xullo de 2010, por mor da crise, o IVE reducido elevouse ao 8%, polo que é de supoñer que a entrada de Cinelandia correspondente ao ano 2011 marca unha porcentaxe incorrecta.
En setembro de 2012, produciuse unha nova subida e algúns produtos e servizos pasaron do tipo reducido ao xeral, entre eles o cine, cun IVE do 21%.
Neste ano 2017, en todos os espectáculos culturais agás no cine comezou a aplicarse o 10% de IVE e haberá que agardar ata o vindeiro ano para ver se se produce unha baixada no caso do sétimo arte...