martes, 9 de enero de 2018

Cinelandia 2017: Películas dirixidas por mulleres

Das 80 películas proxectadas en 2017 nas salas de Multicines Cinelandia, tan só dúas están dirixidas por mulleres:

Underworld: Guerras de sangre (2016), de Anna Foerster



Wonder Woman (2017), da cineasta Patty Jenkins



Este dato é unha proba máis da enorme desigualdade de xénero que hai no mundo do cine.
O pasado mes de novembro de 2017, presentouse un estudo elaborado pola AISGE (Artistas Intérpretes, Sociedad de Gestión) e a Unión de Actores e Actrices, no que se analiza a presenza das mulleres nas producións de cine e televisión realizadas entre 2014 e 2016 en España.
Dito estudo conclúe que só o 38% dos personaxes das películas son mulleres e a súa presenza redúcese ao aumentar a súa idade.
Ademais, os papeis femininos non só presentan un menor número fronte aos masculinos, senón que tamén son menos relevantes nas tramas.

En Hollywood está desigualdade tamén é alarmante, aínda que cada vez son máis as actrices e cineastas que denuncian publicamente esta situación e loitan para cambiala, como ocorreu recentemente na gala dos Globos de Ouro.