Do 10 ao 13 de febreiro celebrouse o Entroido, que este ano foi organizado polo Concello de Ribadeo xunto con Acisa e estivo inspirado en Hollywood.
17.01.2018 (La Voz de Galicia) |
10.02.2018 (La Voz de Galicia) |
17.01.2018 (La Voz de Galicia) |
As festas comezaron cunha gala de inspiración cinematográfica presentada pola actriz Estíbaliz Veiga e por Juan Luis Aramburu. Os premiados en dito acto, onde non faltaron nin a alfombra vermella nin as estrelas do Paseo da Fama, foron:
- Mellor actriz: Marta Saínz por 11º elemento
- Mellor actor: Fernando Suárez por O home que susurraba aos cabalos
- Mellor actriz de reparto: Mari Luz Álvares por Indianos
- Mellor actor de reparto: Xera por MacGyver
- Mellor guión: Concello de Ribadeo
- Mellor película: María José Arca & Mª Carmen Pillado (Thelma & Louise)
Foto: Foto Miguel 11.02.2018 (La Voz de Galicia) |
A música de Sara Montiel e Jessica Rabit amenizou a gala, que rematou cos presentadores emulando a Uma Thurman e John Travolta en Pulp Fiction e co alcalde Fernando Suárez bailando as cancións de Grease.
11.02.2018 (El Progreso de Lugo) |
Podedes ver a gala completa aquí.
Ademais, durante todo o Entroido, moitas tendas e bares da nosa vila estiveron decorados con motivos cinematográficos.
Escaparates da zapatería Botana, a xoiería Azabache e o bar Breoghan |