viernes, 18 de mayo de 2018

Ribadeo e o cine: RED DE LIBERTAD

O pasado 10 de maio proxectouse en Cines Ribadeo a película Red de libertad, dirixida por Pablo Moreno e protagonizada por Assumpta Serna.


A proxección foi unha iniciativa do Colexio Sagrado Corazón, con motivo da celebración de Santa Luisa de Marillac, cofundadora das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl.

Houbo dous pases da película: un ás 11.30h, con entradas a 4€ e ao que acudiu o alumnado da ESO do Sagrado Corazón, e outro ás 20h, con entradas a 5€.

03.05.2018 (Crónica3.com A Mariña)

09.05.2018 (La Voz de Galicia)