martes, 20 de noviembre de 2018

Ribadeo no cine: LA VIUDITA NAVIERA

La viudita naviera foi unha película proxectada os días 14 e 15 de abril de 1963 no Colón e nela faise mención a Ribadeo, como indica o anuncio da carteleira publicado na prensa local.

14.04.1963 (La Comarca del Eo)

O filme está dirixido por Luis Marquina e protagonizado por Paquita Rico, Arturo Fernández, Mary Santpere e Ismael Merlo, que interpreta a Santiago Filgueira, nacido en Ribadeo.

A nosa vila aparece mencionada nun par de diálogos da película: cando Filgueira se presenta ante Candelaria e a súa cuñada e no momento no que o ribadense trata de conquistar á viúva navieira.

- Acabo de llegar de la Habana
- ¿Cubano?
- No señora, gallego. Nací en Ribadeo.




- ¿Quiere usted que sienta celos de una sirena?
- Quiero que vaya acariciando otra ilusión. También en Ribadeo puede surgir el amor.




La viudita naviera (1961) Luis Marquina 

En 1895, durante o Entroido de Cádiz, Candelaria casa con Pimentel, un capitán de barco mercante entrado en anos que morre en Cuba horas despois da voda. Candelaria queda viúva e convértese na propietaria dos barcos do seu defunto marido.
Un tempo despois, contrae matrimonio por poderes co Capitán Igartúa, destinado na Habana. O buque no que tiña que volver a España sofre un naufraxio e chegan noticias á península de que Igartúa faleceu. Candelaria pasa entón a ser pretendida por Don Santiago Filgueira, que desexa casar con ela.