sábado, 6 de julio de 2019

Ribadeo Indiano: Ciclo de cine cubano

Do 6 ao 9 de xullo celébrase en Ribadeo un ciclo de cine cubano, como parte da programación cultural do Ribadeo Indiano.



As películas proxectadas son:



SÁBADO 6: 
No cine Teatro ás 23h.

Habanastation (2011) Ian Padrón 

Esta longametraxe, ópera prima do director, mostra a dous nenos da mesma escola que pasan xuntos un 1º de maio.


DOMINGO 7:
No cine Teatro ás 23h.

Clandestinos (1987) Fernando Pérez

Tras saír do cárcere, Ernesto e os seus compañeiros reorganizan un grupo clandestino que loita contra o dictador Batista. Perseguidos polos servizos secretos de Batista, Ernesto comeza a sentirse atraído por Nereida, unha moza descoñecida e de extraña apariencia. Mentres atravesan unha época convulsa, o amor nace entre eles, paralelo á loita armada que condicionará as súas vidas.



LUNS 8:
No cine Teatro ás 21h.

Un hombre de éxito (1985) Humberto Solás

Nos anos 30, un mozo ambicioso inicia a súa carreira de ascenso social valéndose da súa capacidade de seducción e sobre todo da súa carencia de escrúpulos. Despois da caída da ditadura de Gerardo Machado, tratará de insertarse nas esferas sociais máis poderosas.



MARTES 9:
No cine Teatro ás 21h.

Fresa y chocolate (1993) Tomás Gutiérrez Alea e Juan Carlos Tabío

David é un comunista convencido, que estudia socioloxía na Universidade da Habana. Diego é un artista homosexual acosado pola homofobia do réxime castrista. A pesar das diferenzas que os separan, entre eles nace una profunda amizade.