jueves, 1 de agosto de 2019

Exposición de carteis de cine cubano

Durante o Ribadeo Indiano, celebrado o pasado mes de xullo, ademais dun ciclo de cine cubano, no Teatro puido verse unha exposición de carteis de películas producidas en dito país:





A entrada do cine Teatro decorada para a ocasión:





Na mostra estiveron presentes algúns dos carteis máis destacados da historia do cine cubano, como por exemplo os das películas Clandestinos, Lucía, Vampiros en la Habana ou Fresa y chocolate, entre outros.





Estes carteis popularizáronse a partir de 1959, tras o comezo da Revolución Cubana, coa creación do Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficos, e caracterízanse polos seus deseños coloridos e o uso das tipografías.
A maioría están realizados mediante a técnica da serigrafía e teñen un formato novidoso (56x71 cm). Ademais, ao contrario que nos carteis de películas norteamericanas ou europeas, no caso cubano os deseños destacan por evitar limitarse a plasmar fotogramas das películas, mostrando en moitas ocasións debuxos abstractos, suxestivos e con influenzas de correntes artísticas como o art nouveau ou o pop art.