domingo, 24 de noviembre de 2019

Maléfica en Kids&Us

O venres 8 de novembro, con motivo da celebración de Halloween, a academia de inglés Kids&Us de Ribadeo programou unha sesión de cine para o seu alumnado de 7 a 11 anos. A película proxectada foi Maleficent (Maléfica), de Robert Stromberg.

Foto: Instagram Kids&Us Ribadeo

Foto: Instagram Kids&Us Ribadeo

Maléfica (2014) Robert Stromberg

Maléfica é unha fermosa fada co corazón puro e alas negras. Ela crece nun entorno idílico, nun reino tranquilo no bosque limítrofe co mundo dos homes, ata que un día os invasores ameazan a paz do seu país. 
Maléfica convértese entón na protectora do reino, pero é vítima dunha traizón, un feito que endurecerá o seu corazón ata convertelo en pedra e que a levará a lanzar unha terrible maldición...

Foto: Instagram Kids&Us Ribadeo