Audrey Hepburn foi unha actriz da época dourada de Hollywood nacida en Bélxica o 4 de maio de 1929.
Antes do seu salto a Hollywood, Audrey Hepburn tivo pequenos papeis noutras películas británicas como Monte Carlo baby (1951) e a súa versión francesa, Americanos en Montecarlo (1952), que puido verse no cine Teatro:
22.11.1959 |
Despois de protagonizar o musical de Broadway Gigi, Hepburn foi escollida para protagonizar o filme Vacaciones en Roma (1953), dirixido por William Wyler.
Na película, a actriz interpreta a Ana, una princesa centroeuropea que durante unha viaxe a Roma escapa do palacio para visitar a cidade de incógnito. Así é como coñece a Joe, un xornalista americano interpretado por Gregory Peck, que finxe non coñecer a identidade da princesa co fin de conseguir unha boa exclusiva para publicar.
Coa súa actuación en Vacaciones en Roma, Audrey Hepburn converteuse nunha das primeiras actrices en gañar un Óscar, un Globo de ouro e un BAFTA por un mesmo papel.
Nese mesmo ano, tamén recibiu o Tony pola súa interpretación na obra de teatro Ondine, na que coincidiu con Mel Ferrer, que máis tarde sería o seu marido.
Vacaciones en Roma proxectouse no cine Teatro en varias ocasións:
16.01.1955 |
16.01.1955 |
04.04.1965 |
Xa convertida nunha estrela de Hollywood, Audrey Hepburn protagonizou Sabrina (1954), dirixida por Billy Wilder e na que compartiu cartel con Humphrey Bogart e William Holden.
22.04.1956 |
Posteriormente, Hepburn participou en Guerra y paz, a adaptación ao cine da novela homónima de Tolstoi que se proxectou no Teatro en 1960:
02.10.1960 |
09.10.1960 |
No ano 1957 estreáronse varias películas protagonizadas pola actriz: Mayerling, Una cara con ángel e Ariane, na que se poñía de novo ás ordes do director Billy Wilder.
Una cara con ángel, protagonizada por Audrey Hepburn e Fred Astaire, pasou pola pantalla do Teatro en 1960:
15.04.1962 |
15.04.1962 |
Ariane proxectouse no Colón en 1958:
28.12.1958 |
Outras películas da súa filmografía que tamén pasaron polos cines de Ribadeo foron Mansiones verdes (1959) e Historia de una monja (1959):
25.06.1961 |
26.06.1961 |
05.04.1964 |
En 1960, protagonizou xunto con Burt Lancaster o filme Los que no perdonan e con motivo da súa proxección no Colón, en La Comarca del Eo publicouse o seguinte artigo:
04.02.1962 |
04.02.1962 |
Unha das películas máis destacadas da filmografía de Audrey Hepburn é sen dúbida Desayuno con diamantes (1961), estreada no cine Teatro en 1964.
13.12.1964 |
20.12.1964 |
Nela a actriz da vida a Holly, lembrada por escenas xa míticas como a do almorzo ante o escaparate da xoiería Tiffany ou cantando Moon river na ventá do seu apartamento.
Na década dos 60, tamén participou en filmes como La calumnia (1961), My Fair Lady (1964), Cómo robar un millón y... (1966) e Sola en la oscuridad (1967), pero non hai constancia de que fosen proxectadas nin no Colón nin no Teatro.
Outras películas desta década que si que puideron ver os espectadores ribadenses foron Charada (1963), Encuentro en París (1964) e Dos en la carretera (1967).
23.01.1966 |
16.07.1967 |
26.01.1969 |
A partir de entón comezou a participar en películas de forma ocasional, participando en Robin y Marian (1976), Lazos de sangre (1979) e They all laughed (1981).
A súa última aparición no cine foi en Always (1989), de Steven Spielberg, onde interpretaba a un anxo.
Na etapa final da súa vida, Audrey Hepburn estivo moi centrada na súa labor humanitaria, colaborando activamente como embaixadora de Unicef.
Audrey Hepburn faleceu en Suiza o 20 de xaneiro de 1993.