Un ano máis, Cines Ribadeo participou nunha nova edición da Festa do Cine, que se celebrou do 2 ao 5 de outubro de 2023.
As películas proxectadas estes días en Cines Ribadeo foron The Creator e Los mercen4rios.
Hai que lembrar que a Festa do Cine é unha iniciativa levada a cabo polo ICAA (Instituto da Cinematografía e as Artes Audiovisuais), a FECE (Federación de Cines de España) e FEDICINE (Federación de Distribuidores Cinematográficos) e ten como obxectivo achegar aos espectadores ás salas, rebaixando o prezo das entradas.