En abril de 1936, ademais de todos os anuncios das películas que xa vimos na entrada anterior, aparece outro que chama a atención:
Nel, o Teatro Principal comunica que non será posible proxectar Morena Clara ao día seguinte, debido a que a película está a ter moito éxito en Oviedo, polo que se prolonga a súa exhibición na cidade e a copia non chegará a tempo a Ribadeo.
18/04/1936 (Las Riberas del Eo) |
PELÍCULAS:
Morena Clara (1936) Florián Rey
Os irmáns xitanos Regalito e Trini son sospeitosos do roubo dun xamón, polo que os levan ante a audiencia de Sevilla. Alí, son absoltos por un severo fiscal que non pode evitar namorarse da fermosa Trini.