jueves, 9 de febrero de 2012

Ribadeo no cine: ARRUGAS

Arrugas é unha película de Ignacio Ferreras, baseada no cómic homónimo de Paco Roca.
No filme, a diferenza do cómic, Ribadeo está presente en varias ocasións.

Versión en galego do cómic

SINOPSE: Arrugas (Ignacio Ferreras, 2011)
Arrugas narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico.
Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de Alzheimer, recibe a axuda de Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos que non poden valerse por si mesmos.
O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o pesado día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas acabaran, eles comezan unha nova.


RIBADEO EN ARRUGAS
Ribadeo aparece no filme fundamentalmente en dúas ocasións:
   
     1. Por unha parte, Miguel, un dos personaxes principais, menciona que naceu en Ribadeo, aínda que se trasladou a vivir a Arxentina cando era un neno.

Miguel

   2. Por outra parte, Emilio, o protagonista, ten na mesiña de noite unha foto da súa muller e do seu fillo na praia das Catedrais.
Nunha secuencia da película el recorda aquel día no que, estando nas Catedrais, sacou dita foto.

Emilio nas Catedrais
Foto da muller e o fillo de Emilio na praia das Catedrais
Neste vídeo, partir do minuto 1.50 pódese ver mellor a foto: 




Para ter máis información sobre Arrugas podedes visitar a súa páxina web:
http://www.arrugaslapelicula.com/ga/

E sobre todo, recomendo que a vexades para descubrir todo isto por vós mesmos!