Se nos fixamos nas películas proxectadas en Ribadeo ao longo do ano 1936, podemos ver que hai algúns directores que se repiten con frecuencia.
Estes son dous deles:
W. S. VAN DYKE (1889 - 1943)
Woodbridge Strong Van Dyke II, tamén coñecido como "One Take Woody" pola rapidez coa que rodaba, comezou no mundo do cine como asistente de dirección de Griffith na película Intolerancia (1916).
A carreira de Van Dyke estivo unida á Metro Goldwyn Mayer, onde se valoraba a súa versatilidade, xa que dirixía eficazmente filmes de calquera xénero: comedias, dramas, musicais, etc.
Estivo nominado ao Oscar en varias ocasións, entre as que destaca a candidatura por San Francisco (1936).
Entre a súa filmografía atópanse outros títulos como La cena de los acusados (1934), El enemigo público número uno (1934), Marietta la traviesa (1935) e María Antonieta (1938).
O director, que padecía un cancro terminal, suicidouse en 1943.
Van Dyke na rodaxe de Marietta la traviesa (1935) |
BENITO PEROJO (1894 - 1974)
Aínda que Benito Perojo destacou como director e productor, a súa carreira cinematográfica comezou como actor. Xunto co seu irmán, creou Patri Films, onde realizaban curtametraxes cómicas protagonizadas por Peladilla, personaxe similar a Charlot e interpretado polo propio Perojo.
En 193o, foi contratado pola Paramount para dirixir versións europeas de películas americanas de éxito.
Perojo realizou numerosas adaptacións de obras literarias relevantes, como por exemplo Marianela (1940) de Pérez Galdos e Niebla (1932) de Unamuno.
Nas súas películas son frecuentes os temas relacionados co folclore español, o que o fixo moi apreciado polo público.
A partir dos anos 50, Benito Perojo deixou de lado o seu traballo como director e centrouse na produción de obras de cineastas como García Berlanga e Sáenz de Heredia.
Na súa filmografía destacan filmes como La verbena de la Paloma (1934), Rumbo al Cairo (1935), El barbero de Sevilla (1938) e Marianela (1940), entre outros moitos.
Benito Perojo |
En 1936, o público de Ribadeo tamén tivo a ocasión de desfrutar do traballo doutros directores como Richard Boleslawski, Florián Rey, George Cukor e David Butler, entre outros.