martes, 13 de marzo de 2012

Revistas de cine: Films selectos

Nalgúns exemplares de Las Riberas del Eo pódense ver anuncios da revista cinematográfica Films selectos, que se vendía na Librería Amor.


01/11/1930 (Las Riberas del Eo)

19/11/1932 (Las Riberas del Eo)

Films selectos foi un semanario cinematográfico que se comezou a publicar o 4 de outubro de 1930 e que continuou ata 1938.

Desde o principio a publicación tivo a súa redacción e administración en Barcelona, aínda que tamén contaba cunha delegación en Madrid. Posteriormente, a partir de maio de 1934, abríronse novas delegacións en Bilbao, Zaragoza, Valencia, Sevilla, Málaga, México e Caracas.

A revista estivo dirixida por Tomás Gutiérrez Larraya desde 1930 ata 1936, ano no que foi sucedido por J. Esteve Quintana.

Films selectos tiña numerosas seccións, entre as que se atopaban as seguintes:
   - Album, onde se publicaban fotografías dos artistas máis populares
   - De unos a otros, que incluía preguntas e respostas enviadas polos lectores
   - Opinamos que…, sección dedicada ás críticas das estreas cinematográficas
   - El cine y la moda, onde se mostraba a roupa dos actores e actrices
   - Vuestra belleza, que recollía trucos de beleza das estrelas de cine

Exemplos de portadas de Films selectos


05/12/1931
11/06/1932
30/12/1933
19/10/1935
17/08/1938