SAM WOOD (1883 - 1949)
Sam Wood foi un director de cine
norteamericano.
Comezou a súa carreira como
axudante de Cecil B. DeMille. Máis tarde, traballou para dúas
grandes majors de Hollywood: a Paramount e MGM, onde dirixiu a
estrelas do cine como Ginger Rogers, Clark Gable, Gloria Swanson e os
irmáns Marx.
Na súa filmografía atópanse títulos
tan destacados como Una noche en la ópera (1935), Un día en las
carreras (1937), Adiós Mr Chips (1939), Sinfonía de la vida (1940)
e Espejismo de amor (1940). Tamén foi un dos directores de Lo que el viento se llevó (1939), xunto con Victor Fleming e George Cukor, entre outros.
Aquí podedes ver a coñecida escena
do camarote dos irmáns Marx, do filme Una noche en la ópera (Sam
Wood, 1935):
Este ano tamén se proxectaron
películas doutros directores como George Cukor, Clarence Brown e
Fernando Delgado, entre outros.