As películas proxectadas en
Ribadeo durante 1941 destacan por ser maioritariamente europeas, o
que contrasta coa década anterior, na que o máis frecuente era ver
cine de Hollywood.
FLORIÁN REY (1894 –
1962)
Florián Rey foi un
director de cine español, aínda que os seus inicios foron como
actor.
Na época do cine mudo
dirixiu, entre outros moitos títulos, La aldea maldita (1930), que
está considerada como unha das súas mellores obras.
Coa chegada do sonoro,
Florián Rey decidiu pasar unha tempada nos estudios de Paramount en
Joinville, Francia, para familiarizarse cos novos sistemas de
gravación.
Na súa filmografía
destacan La hermana San Sulpicio (1934), Nobleza Baturra (1935) e
Morena Clara (1936), de temática costumista e protagonizadas por
Imperio Argentina, que foron películas moi populares na época da
República.
Durante a Guerra Civil,
trasladouse a Alemaña, onde acollido por Hitler, realizou Carmen la
de Triana (1938) e La canción de Aixa (1938). Estes filmes tamén
estiveron protagonizados por Imperio Argentina, coa que Florián Rey
estivo casado.
La hermana San Sulpicio (1934), Nobleza Baturra (1935) e Morena Clara (1936) puideron verse nos cines de Ribadeo:
01/02/1936 (Las Riberas del Eo) |
29/02/1936 (Las Riberas del Eo) |
18/04/1936 (Las Riberas del Eo) |